sábado, 13 de febreiro de 2021

FOTOS DE ENTROIDOS XA VIVIDOS.

Recordo aos entroideiros que coñecín nos meus anos mozos. Cando tiven cámara tamén me gustou sacarlle fotos. Como fotógrafo nunca me gustou nin me gusta ser invasivo, se podo pasar desapercibido e non molestar na realidade que observo, xa son feliz.

Pero, ás veces, cando estou nos entroidos e o que estou vendo me gusta, solto comentarios, ou risas ou fago algunha piada porque non podo resistirme a integrarme no ambiente porque son vividor do entroido. No de Xinzo sempre fun parte activa.

As máscaras entendoas ben porque eu fun e son máscara (ainda que non a poña, eso sempre vai con un)  e empatizo co enmacarado e sinto un respeto que só sabemos ter os que vamos e vemos pola parte de dentro da máscara. 

Disfrutaba vendo as parodias dos maiores e ese é o entroido que eu mamei, que pouco ten que ver co que é agora. O pronóstico, en Xinzo, é que o entroido mude a carnaval con moita dor de corazón. 

Poño algunhas fotos dos entroideiros e/ou as actitudes que me chamaron a atención naquel entroido do 2002.

O branco e negro é así porque naquela altura empregaba carrete de película ILFORD HP5 PLUS 400. Na actualidade, ás veces, sigo usando a mesma película. 


O Cañón e o Lelo de Cantinflas en El Agente 777.


 Jesús Meco e Arturo Manila na carroza do Pucho.


Juanillo, Acacio e Rato. "Elas" co traxe tradicional portugués. 



Jose e Masé, sempre orixinais.



Rosiña, simpática e interpreta os disfraces.




Zalo pintando a mona coa chaqueta que aínda pon.




Agustinito sempre en primeira fila.

Segundo, en grupo ou en solitario, entroideiro.

Algúns xa non están, cando estiveron disfrutaron do entroido e viviron a festa con intensidade, como debe ser. Sentíronse parte e foron protagonistas do entroido de Xinzo.

Os que están siguen aportando o seu inxenio e humor para manter a festa. E que sexa por moitos anos.

Polo entroido. 

LUMEEEE!!!!!