mércores, 25 de decembro de 2024

A PANTALLA DE JULIO SANTANA FEITA POLO JOSE ANTONIO MARTÍNEZ (CUCO)

Julio Santana é un home de Entroido. Eu recordoo de toda a vida na comisión do Entroido de Xinzo de Limia. Acompañaba á Banda ou á Charanga percorrendo a Vila, con gabardina e sombreiro). Sempre ao carón das olas o Domingo de Oleiro. 

O José Antonio Cuco ven dunha familia entroideira. Hai fotos do seu pai, o Pepe Cuco, coa Pantalla. Amigo do meu pai e que sempre me decía sendo eu pequeno no seu bar: "Pepe, Peñino mazás coma puños e collóns coma bruños". Inolvidable a Saínza na que fomos no remolque do tractor polas pistas do río. 

A miña primeira Pantalla fíxoa o seu irmao Lulo. Moita ilusión me fixo e moito troulei con ela. Non recordo se era bonita ou fea, antes non se miraba iso, só eras dos que tiña Pantalla ou dos que non.

Pantalla do Jose Cuco.

A PANTALLA.

O perímetro da cara é de 33 cm. Da fronte ao quiexo hai 24 cm.

A BARBA.

Nace da parte de abaixo das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha ondulación a cada lado da cara e un central. 

BARBA LADO DEREITO.

Ten un longo de 10 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,70 cm. A parte estreita do queixo non se ve ben pola pel. 

BARBA LADO ESQUERDO.

Ten un longo de 10 cm. A parte máis alta ata o floco mide 2,20 cm. A parte estreita do queixo non se ve ben pola pel.

BARBA DO QUEIXO.

De alto dende o floco ten 3,70 cm. De longo mide 8,20 cm. 

A BOCA.

A boca é de cor vermella e non sobresaen os labios. Ten de longa 8,50 cm. A anchura na abertura máxima é de 1,20 cm. O ancho do labio superior é de 1 cm. e do labio inferior é de 1,80 cm. O ancho do burato é de 0,50 cm. e de longo ten 6 cm. A distancia á barba é de 1,10 cm. Ata o fondo do sombreiro é de 10 cm.

O BIGOTE.

É un pau recto e redondo de 8,30 cm de longo e 0,50 cm de groso. Está pintado de negro

Está colocado a 0,60 cm. da boca e a 0,40 cm. do nariz.

OS COLORETES.

Os colorentes son vermellos. Teñen un diámetro de 1 cm. A separación entre eles é de 6,70 cm. 

O NARIZ.

O nariz non é a típica triangular e ten dous buratos pintados de vermello e ten tabique. Cada burato mide 2 cm. O burato dereito mide 2 cm. e o burato esquerdo mide 2,10 cm. De ancho tanto o dereito como o esquerdo miden 1,40 cm.  O nariz mide de longo 6 cm. De alta mide 2,80 cm. ata a base. De ancha mide 4,60 cm.  

OS OLLOS.    

Os ollos están pintados de vermello por dentro e non sobresae a pintura cara fóra.                                                                        

O ollo dereito mide de longo 3,60 cm. De alto mide 2,40 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,30 cm. O ancho da parte de abaixo é de 0,20 cm. Non ten pestanas.

O ollo esquerdo mide de longo 3,40 cm. De alto mide 2,50 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,30 cm. O ancho da parte de abaixo é de 0,30 cm. Non ten pestanas.

Lateral esquerdo.

AS CELLAS.

Son de cor negra. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 6,50 cm. e de ancha 0,20 cm.

A cella esquerda mide de longo 7 cm. e de ancha 0,20 cm.

As cellas están a 0,90 cm. dos ollos e a 2 cm. da orella.

AS ORELLAS.

As orellas están feitas de fieltro e son macizas na punta e vanse separando do corno segundo vai descendendo.

Os galóns teñen as seguintes medidas e cores:


O CORNO.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o trapo debaixo das orellas mide 31 cm.

O ancho da parte inferior dende debaixo das orellas ten 24 cm.

O ancho da parte media dende a punta do rizo ten 36 cm.

O rizo mide de ancho 9 cm. e de alto 15 cm. 

A fita do borde é dourada en todo o controno de entre 0,70 cm. e 0,80 cm. de ancho por cada lado. Na parte do trapo mide 3 cm. e onde fai a curva na parte de atrá do corno ten 6,20 cm. Detrás das orella mide sobre 3,50 cm. O triángulo por riba da cara é de cor azul e ten 21 pintas brancas. Mide 9,60 cm. de lado e de base ten 5 cm.

Lado dereito.

LADO DEREITO.

Sobre fondo azul vemos o motivo principal que é o sol e a lúa formando un todo. O diámetro en horizontal é de 12 cm. e en vertical é de 11,30 cm. Os dous teñen rostro. A lúa é de cor azul e branca. De punta a punta mide 9 cm. O ancho máximo incluído o nariz é de 5,30 cm.
Por riba do ollo ten unha cella con dúas líneas oblicuas. A de arriba mide do lado dereito 0,90 cm. e do lado esquerdo 1,70 cm. A que está por debaixo o lado dereito mide 0,50 cm. e os esquerdo mide 1,40 cm. que crea o espazo con 16 pintas que son os pelos das cellas e tamén é a parte de arriba do ollo. O ollo, que é unha pinta negra, ten de diámetro de 0,70 cm. A liña debaixo do ollo mide 2,20 cm. O nariz ten de ancho 1 cm. A liña vertical que está ao carón da boca mide 3,70 cm. 
A lúa ten pola esquerda 4 nuves que de arriba a abaixo miden:

1ª ten de alto 1,30 cm. e de ancho 1 cm.
2ª ten de alto 1 cm. e de ancho 1,30 cm.
3ª ten de alto 1,60 cm. e de ancho 1,60 cm.
4ª ten de alto 1,90 cm. e de ancho 1,80 cm.

Debaixo da lúa tamén temos tres nuves que están unhas ao carón das outras e miden:

1ª ten de alto 1,10 cm. e de ancho 1,70 cm.
2ª ten de alto 1,70 cm. e de ancho 1,70 cm.
3ª ten de alto 2,20 cm. e de ancho 1,40 cm.

O sol é de cor vermello, amarelo, laranxa e verde. Os ollos son vermellos e a meniña do ollo de cor negra. Debaixo do ollo esquerdo ten tonos verdes e amarelos.

A cella dereita ten de longo 4,50 cm. A separación entre as liñas é de entre os 0,50 cm. e os 0,40 cm. A pálpebra superior do ollo esquerdo ten de longo 2,80 cm. a de arriba e 2,60 cm. a de abaixo. O diámetro do ollo é de 1,20 e a meniña do ollo mide 0,30 cm. de diámetro. 

A cella esquerda ten de longo 4,30 cm. A separación entre as liñas é de entre os 0,50 cm. e os 0,40 cm. A pálpebra superior do ollo esquerdo ten de longo 3,50 cm. a de arriba e 2,90 cm. a de abaixo. O diámetro do ollo é de 1,10 cm. e a meniña do ollo mide 0,20 cm. de diámetro.
O nariz mide de ancha 1,50 cm. A liña curba que está a dereita mide 2,40 cm. A boca mide de ancha 2,50 cm. e de alta  mide entre os 0,60 cm. 0,70 cm. e 1 cm. A liña do papo mide 0,70 cm.

O sol ten 18 raios da mesma cor do sol. As medidas son as seguintes:



Máis ou menos na metade do conxunto do sol e da lúa temos un pano da cabeza dos que pon a Pantalla no pescozo de cor vermello. O lado de arriba ten 26,40 cm. o da dereita ten 18,50 cm. e o da esquerda ten 20,50 cm. Nas esquinas de abaixo do pano da cabeza aparecen o nome de dúas persoas. Á esquerda o nome do propietario da Pantalla que é o JULIO. Aparece pintado de branco e mide 1,80 cm. de longo por 0,30 cm. de alto. Á dereita aparece a persoa que fixo a Pantalla CUCO tamén en branco e mide 1,60 cm. de longo e 0,30 cm. de alto.

Debaixo do pano da cabeza, a esquerda, temos unha estrela cun botón central de 8 puntas e con puntas intermedias. É de cor branca e de punta a punta mide entre os 3 cm. e os 3,30 cm. Un pouco máis arriba outra estrela branca difusa de 1,80 cm. a 1,90 cm. de punta a punta. Por riba da lúa e do sol unha estrela branca de seis puntas  de 3 cm. de media de punta a punta. No rizo ten unha estrela de 8 puntas branca. Entre cada punta branca, saen outras dúas de 4 puntas de cor vermella e amarela. Algunha das amarelas teñen cor vermella por riba.
Para encher o firmamento aparecen 19 pequenas estrelas fugaces de entre 1 cm. e 1,50 cm. e algunha coa cola de cor vermella. Completa o conxunto sobre 100 puntiños de cor amarelo.

Lado esquerdo.

LADO ESQUERDO.

Sobre fondo azul na parte de abaixo e a cada lado aparecen 2 planetas. O da dereita é de cor azul e está pintado por riba de cor negra. Ten un diámetro de 8,70 cm. A parte de abaixo está oculta pola fita do inferior do corno. Xusto neste espazo aparece o nove do propietario da Pantalla, JULIO en vermello con 2 cm. de longo por 0,40 cm. de alto. Debaixo do nome hai un triángulo feito con puntiños onde o lado de arriba mide 2 cm. o lado da dereita 1,40 cm. e o da esquerda 1,30 cm.
No medio dos planetas temos unha estrela de 8 puntas. É de cor vermella e ten entre os 3,60 cm. e os 4,10 cm. de lado.
O planeta da esquerda ten tonos verdes, que é a cor predominante, negros, vermellos e amarelos. De diámetro ten 8,10 cm. Na parte inferior, na fita dourada do corno, aparece o nome da persoa que fixo a Pantalla, CUCO, en cor vermella de 2 cm. de longo e 0,40 cm. de alto. Por debaixo do nome tres pintas vermellas. Debaixo destas, dúas pintas vermellas.
Por riba do planeta da dereita temos unha estrela de 8 puntas de cor azul feita de puntiños de entre 5,70 cm. e 6 cm. de lado.
Por riba desta estrela temos outra estrela de cinco puntas de cor azul e negra. O lado superior mide 3,70 cm. o lado da dereita mide 4,10 cm. e o lado da esquerda mide 4,10 cm.
Por riba do planeta da esquerda temos unha estrela de 16 lados de 4 cm. de media. O lado do centro de arriba é amarelo e se collemos este como referncia e cara a dereita temos a seguinte secuencia: amarelo, vermello, branco, vermello, amarelo, vermello, branco, vermello, amarelo, vermello, branco, vermello, amarelo, vermello, branco e vermello.
Entre estas dúas estrelas e cara arriba temos unha estrela azul de puntiños que ten de lado entre os 4,40 cm. e os 4,30 cm.
Máis arriba á esquerda temos unha lúa branca de 3,50 cm. de diámetro e que mide de punta a punta 2,30 cm. De ancho máximo ten 0,70 cm. Dentro aparece a data de 2017 en vermello con 2 cm. de longo e 0,60 cm. de alto e que temos que supoñer que é a data na que se fixo a Pantalla. 
Cara o rizo aparece unha estrela de puntiños de cor vermella de entre os 4,30 cm. e os 5,20 cm. de lado.
No rizo unha estrela de 5 puntas de cor amarelo, como predominante, verde e vermello. O lado superior mide 3,80 cm. o lado da dereita 4 cm. e o lado da esquerda 4,10 cm.
Aparecen 25 pequenas estrelas fugaces de cor branco de entre 1,20 cm. e 1,60 cm. de altas. Para formar o firmamento hai puntiños brancos.



O TRAPO.

É de cor dourado de 49 cm. de alto e 56 cm. de ancho. Polos laterais ten forma aserrada e no fondo ten uns picos de 4,50 cm. de alto. O picado está feito con rombos de 0,60 cm. de lado e presenta a seguinte serie en vertical: 3-1-5 (central)-1-3.



Lateral dereito.

A PEL.

Esta Pantalla non ten floco ten unha pel. Sempre se falou que en tempos as Pantallas levaban unha pel de coello no fondo da barba. Nas fotos que se teñen poucas aparecen con pel. Supoño que o curar a pel, mantela adecuadamente sen que se esnaque e o traballo de mudala cando fose necesario fixo que o floco collese forza e quedase definitivamente implantado.
A pel sae por debaixo das orellas e está doblada pola metade e mide 38 cm. de longa e 6 cm. de ancha.

Cara por dentro.

Por dentro podemos ver os anacos de feltro que compoñen a cara. O triángulo por riba da cara está feito de papeis superpostos.

Papel no bordo do corno por dentro.

No interior do corno e por todo o bordo hai un churro de papel reforzando a unión.Tamén ten reforzos no corno nos laterais inferiores que miden 12 cm. de anchos.

A Pantalla pesa 642 gr.

 
José Antonio Cuco a esquerda co seu irmao Geno.


Grupo de Pantallas de Xinzo de Limia. José Antonio Cuco é o segundo agachado pola esquerda.


Gracias a Julio por deixarme a Pantalla. 

Julio Santana coa súa Pantalla.







sábado, 14 de decembro de 2024

A PANTALLA DO PEPE CALLEJA. OBRADOIRO DO SANTI E AURORA 2021-2022.

Os de Xinzo querémoslle moito a Pantalla propia. É algo moi serio. A Pantalla non se presta, revísase e arránxase meses antes de usala para que estea nas mellores condicións. Para o conxunto do traxe e máscara non se permiten burlas e moito menos desprezo. En tempos, os cintos mediron as costas de máis dun que se pasou denigrando a unha Pantalla. Pero existen outras formas de denigrar unha Pantalla: vestir inadecuadamente, non saber o que fai unha Pantalla, non respetar o traxe tirándose polo chan, poñela como un "disfraz" sen máis. Non sentir a transformación de pasar a ser unha entidade distinta, cun comportamento diferente, e como non decilo, único no mundo. Se non se sinte iso, a persoa que leva a Pantalla non é unha Pantalla e o peor de todo, tendo a posibilidade de ser Pantalla, non o é. Non saben o que se perden. Non costa nada mirar para os maiores, falar con eles e que conten como se vive a máscara desde dentro. 

Quen aprende a respectar a Pantalla aprende a respectaraste a si mesmo.

A miña Pantalla sae do curso que Santi e Aurora fixeron no ano 2021-2022 e trouleou no entrodio 2022. A Pantalla foi feita polo Santi e pintada pola Aurora porque o meu traballo foi empapelar e encher de pintura onde o precisaba. Ben se nota porque o acabado das do Santi é perfecto e a miña cos seus defectos, non o é. (Dito de paso tampouco quixen nin quero correxir nada para que se note que está feita a man por min) así e todo... quérolle pola vida porque é a miña. Está colgada na sala da casa todo o ano e véxoa a diario.


A PANTALLA.

O perímetro da cara é de 34 cm. Da fronte ao quiexo hai 20 cm.

A BARBA.

Nace da parte de abaixo das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha ondulación a cada lado da cara. No queixo ten unha ondulación. Escollín o modelo de barba máis tradicional.

BARBA LADO DEREITO.

Ten un longo de 7,50 cm. A parte máis alta ata o floco mide 4 cm. Despois ven un tramo liso de 3,50 cm. de longo e 0,50 cm. de alto. 

BARBA LADO ESQUERDO.

Ten un longo de 6,60 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,50 cm. Ten igualmente un tramo de 3,50 cm. de longo e 0,50 cm. de alto.

BARBA DO QUEIXO.

De alto dende o floco ten 4,60 cm. De longo mide 7,50 cm.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e non sobresaen os labios. Ten de longa 7,40 cm. A anchura na abertura máxima é de 1,50 cm. O ancho do labio superior é de 1,30 cm. e do labio inferior é de 0,80 cm. O ancho do burato é de 0,50 cm. e de longo ten 5,90 cm. A distancia á barba é de 2,40 cm. Ata o fondo do sombreiro é de 8 cm.

O BIGOTE.

O bigote é de madeira dunha soa peza. Está pintado de negro e revirado cara arriba.

Mide de longo 7,20 cm. e de groso ten 0,50 cm.

Está colocado a 0,70 cm. da boca.

OS COLORETES.

Os colorentes son dun vermello máis alaranxado. Teñen un diámetro de 1,20 cm. A separación entre eles é de 5,10 cm. 

O NARIZ.

O nariz non é triangular e ten dous buratos pintados de vermello e ten tabique. Cada burato mide 1,20 cm. de alto e 0,60 cm. de ancho. O nariz mide de longo 4,20 cm. De alta mide 2,50 cm. ata a base. De ancha mide 3,40 cm.  

OS OLLOS.                                                                                   

O ollo dereito mide de longo 3,70 cm. De alto mide 2,10 cm. O ancho da parte de arriba é de 1,10 cm. cara fóra remata en punta. Ten 10 pestanas negras na parte de arriba. O ancho da parte de abaixo é de 0,70 cm. con 7 pestanas negras.

O ollo esquerdo mide de longo 3,70 cm. De alto mide 2,20 cm. O ancho da parte de arriba é de 1 cm. cara fóra tamén remata en punta. Ten 10 pestanas negras na parte de arriba. O ancho da parte de abaixo é de 0,70 cm. con 7 pestanas negras.

AS CELLAS.

Son de cor negras. Son máis anchas cara a zona do nariz.

A cella dereita mide de longo 7,60 cm. e de ancha na do zona nariz 0,70 cm. no resto 0,40 cm. e na punta 0,10 cm.

A cella esquerda mide de longo 6,90 cm. e de ancha na zona do nariz 0,40 cm. no resto 0,40 cm. e na punta 0,05 cm.

Cara e corno unidos. faltan as orellas.

AS ORELLAS.

As orellas están feitas coas abas do sombreiro.

Os galóns teñen as seguintes medidas e cores:



As orellas están separadas do corno. Na parte de arriba non seguen dereitas, fan unha pequena curva que as mete cara o rizo. A separación media das orellas do corno son 1,60 cm. 

Cos orellas acabadas de coser e de empapelar.
O CORNO.

O corno está feito en tamaño e forma polo modelo máis tradicional.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o trapo debaixo das orellas mide 26 cm.

O ancho da parte inferior dende debaixo das orellas son 25 cm.

O ancho da parte media dende a punta do rizo son 33 cm.

O rizo mide de ancho 8 cm. e de alto 7 cm. 

A fita do borde é dourada en todo o controno de 0,50 cm. de ancho por cada lado. Na parte do trapo mide 0,70 cm. e onde fai a curva na parte de atrá do corno ten 1,12 cm. Detrás das orella mide sobre 1,50 cm. Continúa pola parte de atrás das orellas cun ancho de ata 1cm.
O triángulo por riba da cara que tamén é dourado mide 12 cm. de lado e de base ten 7 cm.

Por debaixo do trapo ten unha parte pintada de dourado que vai de máis a menos. Comeza nos 10 cm. e remata en punta. Na parte de atrás ten unha tea elástica para adaptar a Pantalla á cabeza das persoas. Para fixar a medida ten un fío que se pode apretar e axustar ao tamaño da cabeza.
Pola parte inferior do corno, na parte de dentro, ten un reforzo de cartón de 5,50 cm. que vai cosido. Xa teño comentado que o cartón bo era o que tiñan nas tiendas de telas, no que viñan envaladas as teas. No cocote da cabeza e para que sexa máis cómoda leva cosida unha boina. Este cosido como vai na metade do corno disimúlase subindo o trapo.

Lado dereito.

LADO DEREITO.

Sobre fondo negro aparece unha nebulosa central de cor azul que comeza na parte de abaixo do corno e chega ata o rizo. Ten tamén pequenas nebulosas de cor branco na parte de atrás ata o rizo.
O motivo pricipal é unha lúa branco azulada que ten 10,30 cm. de alta e de ancha máximo ten 3 cm.
Abaixo a esquerda temos unha estrela de 8 puntas coas cores branca e amarela de 4,30 cm. de media de punta a punta e o botón branco. 
Aparecen otras tres estrelas en ascendente. A que está detras da orella é amarela e branca co botón central amarelo e con 3,30 cm. de punta a punta.
A estrela que está a súa esquerda un pouco máis arriba é branca e amarala co botón central branco. Ten de lado de punta a punta 4,30 cm. Por último a estrela que está caseque no bordo é de cor azul e amarela co botón de cor azul. Ten de lado 3,40 cm. de punta a punta.
O firmamento está cheo de puntos de cor branco e cuns puntos de cor azul que representan planetas afastados.

Lado esquerdo.

LADO ESQUERDO.

Sobre fondo negro aparece unha nebulosa de cor vermella e por riba dela unha branca.
O motivo principal é un sol, podemos dicir un sol nacente porque non está completo. O sol é de cor vermello claro de 10 cm. de diámetro. Ten cinco raios de cor amarelo.
O raio que está na parte de arriba ten de longo 9,10 cm. ata sol e 1,70 cm. de ancho máximo.
O raio que está por debaixo ten de longo 8 cm. ata sol e 1,20 cm. de ancho máximo.
O raio do medio ten de longo 9,70 cm. de longo ata o sol e 2,30 cm. de ancho máximo.
O cuarto raio ten de longo 8,70 cm. de longo ata o sol e 1,30 cm. de ancho máximo.
O último dos raios ten 8 cm. de longo ata o sol e 1,10 cm. de ancho máximo.

Ten unha estrela no rizo de 8 puntas de cor amarela e branca co botón central de cor amarelo. As puntas de cor amarela teñen 5,50 cm. de lado a lado e as de cor branco teñen 4,80 cm. de lado a lado.
Aparecen pequenos puntos azuis que compoñen o firmamento. Temos 8 puntos amarelos de distinto tamaño simulando soles máis preto e máis lonxe. Tamén 4 puntos azuis grandes e 10 brancos de diferentes tamaños para que pareza un universo poblado de planetas.

O TRAPO.

O trapo é de cor vermella aserrado en todo o fondo con 45 cm. de alto e 75 cm. de ancho.
Ten 12 flores de catro pétados e algunha un botón cental. Os pétalos miden 1 cm. de longo e entre os 0,50 cm e os 0,60 cm. de alto.
No centro do trapo ten 3 flores en vertical e a cada lado 4 flores en parellas. Ademáis temos unha flor a cada lado nas esquinas a altura da flor que está máis arriba no grupo emparellado.

O picado é de Aurora Dacal.

O FLOCO.

O floco é dourado. Mide 35 cm ao redor da cara e métese por debaixo das orellas. De longo mide 14 cm.

Cara por dentro cos elementos comentados máis a almofada para o queixo


A Pantalla pesa 1.073 gr.

Fase de Pintado.


Fase de pintado máis abanzada.




Pintando os labios.


Gracias ao Santi e a Aurora por compartir comigo o que saben e os bos intres que pasamos xuntos falando de Pantallas e do entroido. Cantos recordos e anécdotas!

Un saúdo a todos os compañeiros e compañeiras de curso. Que disfurtemos das nosas Pantallas.

LUME!!!