domingo, 2 de febreiro de 2025

PANTALLA DE JOSÉ MANUEL CUQUEJO LÓPEZ (MEL) FEITA POLO JULIO VILLARINO.

A máscara é propiedade da persoa que a leva. Está unida a ela e forma parte da súa vivencia máis íntima. Están xunguidos para sempre. Chega un momento no que a máscara necesita ser cambiada. Non nos sirve porque medramos, porque cae ao chan, porque queremos un modelo máis actual... Pero a máscara vella non se tira, queda gardada por riba do armario da habitación ou no rocho. Os máis curiosos colócana no salón como un adobío. Como nos imos desprender do que nos identifica como únicos no espazo común do entroido e que nos deu tantas alegrías?.

A Pantalla que hoxe teño nas mans ten para a súa familia un valor sentimental moi especial. Quedo moi agradecido porque sei o que significa para eles e penso que se merece tanto pola persoa que a levou como pola persoa que a fixo a miña atención e a de todos os que aman o Entroido e que dexesarían que houbese un letreiro por riba da "Ponte Vella" que disexe... "Ti eres meu Xinzo o máis fermoso do mundo enteiro".

A Pantalla era e é do Mel, José Manuel Cuquejo López, falecido prematuramente. Disfrutou en vida da Pantalla en plenitude cos seus amigos e familiares trouleando polas rúas do Barrio de Abaixo, collendo aos maiores coñecidos, metendoos nas tascas para beber un viño, contar anecdotas, botar unha cantiga e disfruta da festa da vida que é o Entroido.

Dicir, despois de consultar con Carmen Cuquexo e esta con Ana a súa irmá maior, que a Pantalla é de comezos dos anos setenta do século XX. A Pantalla ten 54 ou 55 anos. Como todas as Pantallas da súa época tiña pintados círculos e estrelas no corno. Con catorce anos o propio Mel cambiou o corno da Pantalla ao seu gusto e deixouna como está agora. As influencias musicais dos anos setenta e oitenta fixo que moitos dos debuxos tradicionais fosen cambiados por outros motivos. (Moitas veces as portadas dos discos dos grupos musicais do momento). Tamén me comentan que tivo un pano vermello que foi mudado posteriormente por un pano de cor azul. 

Pola información e polas fotos que se ollan cara o final do artigo, Mel tivo unha primeira Pantalla ata os dez anos que cambiou por que lle quedaba pequena. 

 

Pantalla do Mel.

A PANTALLA.

O perímetro da cara é de 32 cm. Da fronte ao queixo ten 23 cm.

A BARBA.

A barba nace por debaixo das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha patilla a cada lado da cara e co queixo queda completa a barba.

PATILLA DEREITA.

Ten un longo de 10 cm. A parte máis alta ata o floco mide 6,40 cm. A parte estreita do queixo ten 4,50 cm. 

PATILLA ESQUERDA.

Ten un longo de 9,50 cm. A parte máis alta ata o floco mide 4,70 cm. A parte estreita do queixo ten 4,50 cm.

O QUEIXO.

De alto dende o floco ten 5,60 cm. De longo mide 12 cm. A barba está a 3,50 cm, da boca.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e ten de longa 6,10 cm. coa pintura que sobrasae dos labios. A anchura na abertura máxima é de 1,40 cm. O ancho do labio superior é de 0,90 cm. e do labio inferior é de 1 cm. O burato mide de ancho 3,7 cm. De alto mide 0,20 cm. A distancia ao floco é de 9 cm. Ata o fondo do sombreiro no papo mide 11,80 cm.

O BIGOTE.

O bigote é de feltro empapelado e pintado de cor negro. Está cosido á cara. O lado dereito non conserva o papel mentres que o lado esquerdo conserva o papel e a pintura. Está revirado cara arriba.

De punta a punta mide 8 cm. De ancho mide 0,90 cm.

Sobresae 0,70 cm. do nariz.

Detalle do bigote.

OS COLORETES.

Os colorentes son vermellos e teñen un diámetro de 2,10 cm. A separación entre eles é de 4,90 cm. O colorete dereito está a 1,30 cm. da base do nariz e a 1,60 cm do ollo. O colorete esquerdo esta a 1,90 cm. da base do nariz e a 1,80 cm. do ollo. 

O NARIZ.

O nariz é circular dun só burato. De longo mide 3,60 cm. De alta mide 2,50 cm. ata a base. De ancha mide 3,60 cm. O burato ten de ancho 1,70 cm. e de alto mide 1,60 cm. O grosor do feltro e do papel é de 0,70 cm. e na punta do nariz mide 0,90 cm. Ten pintado de vermello a parte inferior no interior. 

OS OLLOS.

A pintura vermella sobresae dos ollos.

O ollo dereito mide de longo 4,90 cm. á pintura que sobresae. De alto mide 2,70 cm. á pintura que sobresae. O burato ten de longo 3,70 cm. e de alto 2 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,20 cm. O ancho da pálpebra de abaixo é tamén de 0,20 cm. Non ten pestanas.

O ollo esquerdo mide de longo 5,30 cm. á pintura que sobresae. De alto mide 2,80 cm. á pintura que sobresae. O burato ten de longo 3,90 cm. e de alto 2 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,20 cm. O ancho da pálpebra de abaixo é tamén de 0,20 cm. Non ten pestanas.

AS CELLAS.

Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 6 cm. e de ancha mide entre 0,50 cm. e 0,70 cm.

A cella esquerda mide de longo 6,40 cm. e de ancha mide entre 0,40 cm. e 0,70 cm.


AS ORELLAS.

As orellas están feitas de feltro e a parte dianteira está separada do corno. As puntas son anchas e case planas e achéganse moito ao rizo.

Na parte de abaixo non chegan ata a altura do cartón do corno.

As orellas teñen as seguintes medidas e cores:




O CORNO.

O corno ten o rizo primitivo.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata debaixo das orellas mide 29 cm.

O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 20 cm.

O ancho da parte media dende á punta do rizo mide 35 cm.

O rizo mide de ancho 14 cm. e de alto 7 cm. 

Lado dereito.

LADO DEREITO.

Non ten borde. O fondo é todo negro. Ten pegadas tres bonecas recortadas dunha revista e un adhesivo. 
As bonecas están en diferentes posturas. A da esquerda, que está sentada, mide de alto 10,50 cm. A que está no rizo e que está de pé mide 11,60cm. A que está na parte inferior cunha perna levantada mide 12,50 cm. 
O adhesivo do lobishome mide 9,80 cm. de alta e 6,50 cm. de ancha.

Lado esquerdo.

LADO ESQUERDO.

Non ten borde. O fondo é todo negro. Ten pegada unha boneca, unha guitarra e un adhesivo.

A boneca é do mesmo estilo que as que están pegadas no lado dereito. Mide de alta 10,90 cm.
O adhesivo é dunha motocicleta de cros. De longo mide 10,20 cm. e de alta 9,10 cm.
Por riba do rizo aparece unha guitarra. Ten de longo 9,30 cm.

O triángulo que está por riba da cara é pequeno, como corresponde ao modelo de rizo. Mide 5 cm. de base e 7 cm. de lado.

Non ten pano.

Como queda comentado no comezo do artigo, tivo un pano de cor vermello que se mudou por un pano de cor azul.

O FLOCO.

É de cor branco. Mide ao redor da cara 43 cm. De longo ten 4,50 cm.




Foto do corte

A Pantalla ten moito interés por dentro onde vemos elementos que facilitaban os movementos da persoa sen ter que preocuparse por unha caída accidental da máscara.

 

Vemos o comentado corte de sombreiro de Julio Villarino.


Ten unha correa de coiro cosida na parte inferior do papo por dentro. De ancho mide 4,50 cm. e de longo 36 cm. A utilidade é para que o fieltro non manque no papo da persoa. A mácara móvese cando a persoa vai correndo e roza no papo co que moitas veces acábase co papo encarnado ou coa pel levandada. Ademáis dalle mais consistencia á máscara en prol da súa propia seguridade. 

Ten dous reforzos de coiro cosidos que axudan a que a cara e o corno estean máis seguros. O reforzo do lado esquerdo mide de longo 8,30 cm. e de ancho 4,50 cm. O do lado dereito ten de longo 7,70 cm. e de ancho mide 4,50 cm.

Coiro de reforzo.


Tamén podemos ver a goma que suxeitaba a máscara á cabeza. A goma púñase na parte de atrás da cabeza, na caluga, para que a máscara non caíra cara adiante. 

A goma mide 30 cm. de longo e de grosa mide 0,30 cm.


A goma e onde vai cosida.


Posición da goma na Pantalla.


A goma está colocada para poñela na caluga.

Para facer máis cómoda a Pantalla e asegurala na cabeza aínda temos outro elemento na parte de dentro da máscara, unha boina cosida que se adaptada á forma do corno. A boina mide 17 cm. de alto e 40 cm. de ancho.

Boina adaptada á forma do corno.

A Pantalla pesa 476 gr.


FOTOS DO MEL.


José Manuel Cuquejo López (Mel) coa súa primeira Pantalla
 que puxo ata os 10 anos.



Mel á esquerda coa súa primeira Pantalla e Raúl.


Mel lucindo traxe xa coa súa nova Pantalla obxecto do estudo.





Carrasco, Mel (arriba á dereita) e Odilo anicado.


.

Arturo Villarino, Toño Nogueiras, Odilo e Mel.
Toño Rodríguez, Carrasco e Chelís.




O meu agradecemento a Carmen Cuquexo polo préstamo da Pantalla e por toda a información do Mel e da súa Pantalla. O meu agradecemento asimesmo a toda a súa familia por facilitarme información e enviarme unhas fotos ben lindas. Parabéns a esta familia por conservar tan ben esta Pantalla que é unha preciosidade.