venres, 24 de xaneiro de 2025

A PANTALLA FEITA POLO CHELÍS (JOSÉ LUIS DIZ RODRÍGUEZ) PARA XURXO.

Temos outra Pantalla que nos deixou Mari Villarino. A verdade que son achegas moi interesantes que mostran que as persoas de Xinzo gardamos as Pantallas como tesouros.

Fíxoa o Chelís da familia dos Valerianos. Xa publiquei un artigo dunha Pantalla infantil feita toda de cartón que é tamén do Chelís. 

O Chelís foi Pantalla e fixo máscaras no seu momento, coas súas particularidades, formas e xeito de traballar.



A PANTALLA.

O perímetro da cara é de 33 cm. Da fronte ao queixo ten 21,50 cm.

A BARBA.

Non nace debaixo das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha patilla a cada lado da cara e co queixo queda completa a barba.

PATILLA DEREITA.

Ten un longo de 10 cm. A parte máis alta ata o floco mide 6,40 cm. A parte estreita do queixo ten 4,30 cm. 

PATILLA ESQUERDA.

Ten un longo de 9,50 cm. A parte máis alta ata o floco mide 5,90 cm. A parte estreita do queixo ten 4 cm.

O QUEIXO.

De alto dende o floco ten 6,10 cm. De longo mide 7 cm. A barba está a 1,30 cm. da boca.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e ten de longa 6,70 cm. coa pintura que sobrasae dos labios. A anchura na abertura máxima é de 1,30 cm. O ancho do labio superior é de 1,50 cm. e do labio inferior é tamén de 1,50 cm. O ancho total con pintura é de 2 cm. A distancia ao floco é de 7,70 cm. Ata o fondo do sombreiro é de 8,70 cm.

O BIGOTE.

O bigote está pintado de cor negro. Está dividido en dous tramos. As puntas están cara arriba.

O lado dereito mide de longo 3,90 cm. A parte máis ancha mide 0,40 cm.

O lado esquerdo mide de longo 4 cm. A parte máis ancha mide 0,40 cm.

De punta a punta o bigote mide 7,60 cm.

OS COLORETES.

Os colorentes son vermellos e teñen un diámetro de 1,40 cm. A separación entre eles é de 5,80 cm. 

O NARIZ.

O nariz é circular dun só burato. De longo mide 3,60 cm. De alta mide 2 cm. ata a base. De ancha mide 3 cm. O burato ten de ancho 1,20 cm. e de alto mide 1 cm. O grosor do feltro e do papel é de 0,80 cm. Ten pintado de vermello a parte inferior e sobresae cara fóra. 

OS OLLOS.

Os ollos teñen unha forma diferente. Son parcialmente ovalados.

O ollo dereito mide de longo 6 cm. á pintura que sobresae. O burato ten de longo 4,80 cm. De alto mide 4,10 cm á pintura que sobresae. O burato ten de alto 3,10 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,60 cm. con 10 pestanas negras. O ancho da pálpebra de abaixo é de 1,40 cm. Non ten pestanas.

O ollo esquerdo mide de longo 6 cm. á pintura que sobresae. O burato ten de longo 4,80 cm. De alto mide 2,80 cm. á pintura que sobresae. O burato ten de alto 3 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,60 cm. con 13 pestanas negras. O ancho da pálpebra de abaixo é de 1,40 cm. Non ten pestanas.

AS CELLAS.

Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 8,50 cm. e de ancha mide 0,40 cm. no lado do nariz e 0,30 cm. no resto.

A cella esquerda mide de longo 8,80 cm. e de ancha mide 0,40 cm. no lado do nariz e 0,20 cm. no resto.

As cellas están a 0,20 cm. dos ollos.


 

AS ORELLAS.

As orellas están feitas de feltro.

As orellas teñen as seguintes medidas e cores:



Nas medias de arriba, tanto a dereita como a esquerda, teñen puntiños sen orden de cor dourado, negro, vermello e branco.

Nas medias inferiores, tanto a dereita como a esquerda non teñen puntiños.

O CORNO.

O corno ten o rizo tradicional.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata ao trapo debaixo das orellas mide 30,50 cm.

O longo do faldón dende debaixo das orellas son 23 cm.

O ancho da parte media dende á punta do rizo son 35 cm.

O rizo mide de ancho 10 cm. e de alto 7 cm. Cara o medio ten 10 cm. de ancho onde remata o triángulo.

Lado dereito.

LADO DEREITO.

O borde é branco e vai dende os 0,80 cm. ata os 1,10 cm. Na parte inferior do rizo ten 0,80 cm. No faldón, onde o trapo, as medidas van dende os 0,90 cm. ata os 1,20 cm. Na parte de atrás ten de ancho 2,50 cm. O triángulo por riba da cara é de cor branca e forma parte do bordo. Mide 4,50 cm. de lado e de base ten 5,50 cm.
O fondo está pintado de cor negro. Ten seis círculos (planetas) de cor vermella-rosa e unha estrela de cor vermella. O círculo que está a esquerda na parte inferior ten un diámetro de 4,10 cm. e é rosado cunhas pinceladas vermellas. Á dereita deste primeiro círculo está a estrela, É de cor vermella e ten 8 puntas. A distancia de punta a punta e de 10 cm. en todos os brazos. Como anécdota dicir que ten un pelo de pincel ou brocha pegado. Isto antes pasaba moito porque o material non tiña a calidade que teñen agora. Dalle á Pantalla un toque "vintage" como se di agora.
O círculo á dereita da estrela é dun tono rosa máis oscuro. Ten de diámetro 4,10 cm. Por riba da estrela, a esquerda, temos o terceiro círculo. Tamén é rosa con pinceladas máis oscuras. Ten de díametro 4,10 cm.
Por riba temos o cuarto círculo de tonos rosa, vermello e branco. Como os outros ten un perímetro de 4,10 cm. A súa dereita temos o quinto círculo. Ten as tonalidades máis vermellas. Ten un diámetro de 4,10 cm. No rizo temos o sexto círculo de cor rosa oscuro. O diámetro é de 4,10 cm. Que o diámetro sexa sempre o mesmo é porque se emprega un molde e 4 cm. de diámetro e o que se engade é o marcar o círculo. Por todo o fondo, o firmamento, está formado por puntiños de diverso tamaño e cor. Hai partes onde se acumulan máis puntiños. As cores dos puntiños son branco, (dominantes), rosa e dourado.

Lado esquerdo.

LADO ESQUERDO.

O borde é branco e vai dende os 0,80 cm. ata os 1,10 cm. Na parte inferior do rizo ten 1,10 cm. No faldón, onde o trapo, a medida é de 1,30 cm. Na parte de atrás ten de ancho 4,70 cm.
O fondo está pintado de cor negro. Ten os mesmos elementos principais, seis círculos rosas e unha estrela vermella. As tonalidades varían lixeiramente dentro dos rosas. A disposición tamén varía. O longo na parte inferior do corno non mide o mesmo.

Diferencia no fondo do corno.

Os círculos tres e catro están máis separados e tamén o catro en relación co cinco. A estrela ten as mesmas medidas e cor. O fondo do firmamento ten estrelas brancas, predominantes, rosa e dourados. No lado esquerdo aparecen 8 estrelas douradas de o brazos en catro casos, de seis brazos en dúas casos, inda que en dous casos borradas parcialmente. Dúas estrelas no cumio só ten unha liña vertical.



O TRAPO.

O trapo é de cor azul claro. De longo mide 67 cm. De  ancho mide 75 cm. Temos unha serie de sete rombos en vertical de catro rombos cada unha. Os rombos laterais son máis pequenos. O rombo de arriba e o de abaixo miden de lado 1 cm. Os do medio miden 1,50 cm.
Esta diferencia de tamaño no rombo de arriba e o do abaixo repítese na serie central. Os rombos miden de lado 1,50 cm. e os do medio 2 cm. No resto das series os lados dos rombos miden 2 cm.


  
O FLOCO.

É de cor dourado. Mide ao redor da cara 33,50 cm. De longo ten 10 cm.

Cara por dentro.

Podemos ver o corte do sombreiro. Ten dous cortes a cada lado da cara. No interior, no lado dereito do corno aparece a persoa para a que se encargou a Pantalla. XURXO.



A Pantalla pesa 706 gr.


Teño que agraderlle a Chelís que me enviase unhas fotos do proceso da elaboración da Pantalla que fixo para unha sobriña no ano 2024.

Son moi clarificadoras e desvelan algunha que otra peculariedade na elaboración.

O sombreiro para a cara.



Sombreiro con engrudo para que estea máis duro e poder manexalo mellor.



A copa e a aba do sombreiro separadas.



Da aba do sombreiro recortou as formas para facer os ollos, o nariz e as orellas xa cosidas para darlle forma.


As orellas empapeladas.


A copa do sombreiro cos ollos, nariz e boca cosidos e empapelados.


O corno cosido e co triángulo tamén cosido ao corno.


O corno empapelado.


Cara e corno cosidos e empapelados.


Coas orellas xa cosidas e primeiras mans de pintura.


A Pantalla do lado esquerdo pintado.


Pantalla rematada.



Pantalliña decortiva feita por Chelís.



Quero agradecerlle o préstamo das fotos ao Chelís co que sempre me levei moi ben. Teño a súa promesa de quedar onde vive agora e falar das súas máscara e dos entroidos vividos.

Quico, CHELÍS, Severo, Manuel, Paco Rápido. 
Manolo Coreño, Vicente da Tataoca, Toño Sanchez, Delfín, José Moreiras.
 GRANDES PANTALLAS!!!



Moitas gracias a Mari Villarino por deixanos disfrutar desta Pantalla.