miércoles, 26 de mayo de 2021

PANTALLA DE 1989.

A miña compañeira de traballo Mónica Seguín Martínez faloume de que tiña unha Pantalla de Santi (Santiago Martínez Santana) do ano 1989. 

Vou facer un pequeno estudo.

As medidas son en centímetros e a Pantalla sempre é ollada de fronte.

Comezo a descripción pola cara.



O perímetro da cara é de 32 cm. Da fronte ao quiexo ten 19 cm

A BARBA.

A barba nace dende os cornos e fai dúas ondulacións a cada lado da cara. No queixo ten unha só ondulación. A barba é irregular e onde máis se nota e no tramo da barba do queixo que vista de fronte deixa ver a diferenza. A barba é de cor negra.

BARBA LADO ESQUERDO.

A ondulación que está máis cerca do corno ten de longo 4,2 cm. A parte estreita pegada ao corno mide 2,80 cm de alto. A parte máis alta mide 4 cm e a seguinte parte estreita mide en 3 cm de alta.

A ondulación que está máis cerca da boca ten de longo 6,70 cm. De alta mide 3,50 cm e a parte estreita que está pegada ao queixo mide 1 cm.

BARBA LADO DEREITO.

A ondulación que está máis cerca do corno ten de longo 4,1 cm. A parte estreita pegada ao corno mide 2 cm de alto. A parte máis alta mide 4,70 cm e a sequinte parte estreita mide 3 cm de alta.

A ondulación que está máis cerca da boca ten un longo de 6,1 cm. De alta mide 4 cm e a parte estretita que está pegada ao quixo mide 1,30 cm.

BARBA DO QUEIXO.

De longo ten 6,2 cm. O lado estreito da esquerda mide de alto 1 cm. No medio a altura é de 2 cm e o lado estreito da dereita mide de alto 1,3 cm.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e é bastante ancha (Moito papel de periódico cando se empapelou). De longa na parte de exterior mide 6,1 cm e na parte interior 3,6 cm.

O labio superior ten de ancho 2 cm e na parte inferior ten 1,5 cm.

BIGOTE.

O bigote é de papel pintado de negro de 6,90 cm de longo e 0,7 cm de ancho.

COLORETES.

Os coloretes son dous círculos de cor vermello de 0,70 cm de diámetro. A separación entre eles é de 6,40 cm.

O NARIZ.

O tabique mide 3,70 cm de longo. O ancho interior é de 1 cm e o exterior de 2,10 cm. De alta son 2 cm e de fonda 1.

OLLOS.

O ollo esquerdo mide de longo 4 cm. De alto 1,70 cm. O fondo da parte de abaixo 1 cm e na parte de arriba 1,50 c. Ten na parte de arriba 6 pestanas e na parte de abaixo 5 pestanas.

O ollo dereito mide de longo 4 cm. De alto 1,80 cm. O fondo da parte de abaixo 1 cm e na parte de arriba 1,50 cm. Ten na parte de arriba 5 pestanas e na parte de abaixo 5 pestanas.


CELLAS.

As cellas non son regulares, son unha pincelada que muda de ancho e longo.

A esqueda mide de longo 5,30 cm e de ancha 0,40. A dereita ten de longo 4,80 cm e de ancha 0,40 cm.

OS CORNOS.


Recordo que a Pantalla é ollada de fronte. 






Pasamos agora á descrición do CORNO da Pantalla.

As medidas xerais do corno son:

A altura dende a Percalina (tela que colga da parte traseira da máscara) medindo na parte onde remata o corno ata o punto máis alto da Pantalla é de 31 cm.
O ancho na parte inferior mide 18,40 cm.
O ancho da parte media, dende a punta do corno, mide 28cm.
O pequeno corno sainte que está por riba da cara da Pantalla mide de ancho 8,60 cm. Dende onde dá a volta ata o cumio ten 10,70 cm.

O lado esquerdo ten o fondo de cor morado coa fita de cor azul escuro. Estas son as medidas da fita:




O debuxo ten grupos de pintas de varias cores que intentan ter forma piramidal, ás veces o consigue e ás veces non.
O grupo de pintas azuis entán no contorno. Empezando polas de abaixo e seguindo o sentido das agullas do reloxo. En total son nove grupos, contando co grupo central:

1º grupo: 22 pintas.
2º grupo: 16 pintas.
3º grupo: 40 pintas. É o que máis ten.
4º grupo: 28 pintas.
5º grupo: 24 pintas.
6º grupo: 18 pintas.
7º grupo: 18 pintas.
8º grupo: 25 pintas.
9º grupo: 27 pintas. Este é o grupo central.

Ademais temos 14 grupos de pintas douradas que fan de base a unha liña convexa de cor vermella. Por riba desta liña temos unhas pintas de cor branca tamén convexas. Estas pintas brancas teñen por riba unhas pintas de cor dourada máis ou menos centradas.

Na punta do pequeno corno que está por riba da cara temos tres grupos de pintas:

1º grupo: 9 pintas douradas, liña vermella e 8 pintas brancas con 8 pintas douradas por riba das brancas.
2º grupo: 10 pintas douradas, liña vermella e 9 pintas brancas con 9 pintas douradas por riba das brancas.
3º grupo: 7 pintas douradas, liña vermella e 11 pintas brancas con 11 pintas douradas por riba das brancas

Temos unha liña vertical onde aparecen 5 grupos de pintas:

1º grupo: 12 pintas douradas, liña vermella e 8 pintas brancas con 8 pintas douradas por riba das brancas.
2º grupo: 13 pintas douradas, liña vermella e 5 pintas brancas con 5 pintas douradas por riba das brancas.
3º grupo: 12 pintas douradas, liña vermella e 6 pintas brancas con 6 pintas douradas por riba das brancas
4º grupo: 18 pintas douradas, liña vermella e 8 pintas brancas con 8 pintas douradas por riba das brancas.
5º grupo: 15 pintas douradas, liña vermella e 10 pintas brancas con 10 pintas douradas por riba das brancas.

Outra liña vertical onde aparecen 4 grupos de pintas:

1º grupo: 12 pintas douradas, liña vermella e 6 pintas brancas con 6 pintas douradas por riba das brancas.
2º grupo: 12 pintas douradas, liña vermella e 9 pintas brancas con 9 pintas douradas por riba das brancas. (Case non se olla o branco)
3º grupo: 16 pintas douradas, liña vermella e 7 pintas brancas con 7 pintas douradas por riba das brancas
4º grupo: 16 pintas douradas, liña vermella e 7 pintas brancas con 7 pintas douradas por riba das brancas.

Finalmente temos unha última liña vertical cun 2 grupos de pintas.

1º grupo: 14 pintas douradas, liña vermella e 11 pintas brancas con 11 pintas douradas por riba das brancas.
2º grupo: 11 pintas douradas, liña vermella e 7 pintas brancas con 7 pintas douradas por riba das brancas.

Onde cambia de sentido o pequeno corno temos unha liña máis ancha convexa. Tamén no fondo esquerdo temos unha media lua vermella con dúas liñas azuis.

O lado dereito ten o fondo de cor morado máis claro que o esquerdo. A fita exterior segue sendo de cor azul escuro. Medidas da fita:




Na punta do corno que está por riba da cara ten 30 pintas vermellas como color base e por riba pintas de cor azul, aínda que non en todas. No medio temos tres liñas de cor verde de 2 cm, 2,30 cm e 1,80 cm medidas que dou de abaixo a arriba. Encima unhas follas de herba de cinco follas co fondo de cor vermella e gris por riba. Da máis pequena a máis grande temos as medidas de: 1,05cm, 2,10 cm, 2,60 cm, 3,20 cm e 5 cm.

Un raro debuxo como de manga xaponés é o protagonista. Ten corpo en forma de pión. De alto ten 12,20 cm. De ancho ten 11,10 cm. A parte superior do pión é de cor vermella con liñas e mezclas brancas. De alto mide 7,10 cm e de ancho 10,30 cm. A parte de abaixo so pión é de cor azul con mezclas brancas. De alto mide 6,30 cm e de ancho 11,10 cm.  
A cara da figura é de cor pistacho. Ten como un casco de cor marrón que rodea a cara, o queixo, o pescozo e a parte de arriba da cabeza. Os ollos son negros con gafas de cor rosa e unha liña de cor vermello por riba.. Os buratos do nariz son negros e a boca de cor vermella. O casco de alto mide 5,10 cm dende o pescozo ata a parte máis alta da cabeza. Da boca ata a parte superior dos ollos mide 2 cm.

Por riba da cabeza ten unha especie de abano de catro varas de cor pistacho. Esta distribución crea un corpo de tres espazos de cor rosa con máis ou menos intensidade. Ten 2, 3 e 4 pintas de cor gris. A parte superior está rematada en dentes de serra. O dente de serra máis pequendo mide 3,90 cm e máis grande mide 11,10 cm. A parte inferior do abano mide 2,90 cm e a superior 11,50 cm.
Na parte dianteira do corpo encontramos 31 pintas de cor verde e azul misturado. Estas pintas chegan ata a parte de arriba do abano no seu lado máis pequeno.

 Catro líneas de cor verde de entre 1 cm e 1,10 cm. Doce pintas azuis. Unha linea grosa ondulante de cor azul e branca de 2,60 de longo e 0,60 de ancho. Dúas series de tres pintas verdes de 0,90 cm. Outra liña ondulada de cor azul e branco de 4,60 cm de longa e 1 cm. Por riba tres liñas verdes de 1 cm. Outras tres liñas verdes máis grandes que unen a liña ondulada azul coas follas de herba. Seguimos cara a dereita e atopamos na parte inferior unha pincelada de cor verde de 1,30 de alto por 0,70 de ancho. Na parte superior encontramos outra liña ondula azul e branca de 4,40 de longo e 1 cm de ancho. Por riba outra tres liñas de cor verde de 1 cm.

Na parte superior do abano temos unha serie de 15 pintas de cor azul. Baixando temos unha pincelada de cor verde de 1,30 cm de loga e 0,6 cm de ancha. A súa dereita un grupo de 11 pintas de cor azul e roxo. Baixando un pouco máis atopamos unha serie de 5 liñas de cor verde de 1 cm a 1,10 cm. A dereita destas liñas temos 4 follas de herba. As medidas de arriba a abaixo son de 4,20 cm, 6,40 cm, 7,10 cm e 3,70 cm.

Agora temos un elemento cun motivo dun animal. Un becho que parece unha escolopendra de cor verde e negra con cabeza vemella. Mide 11,20 cm da cabeza ao rabo. Ten sete patas con pinza na parte superior e catro patas con pinzas na parte inferior. O remate da cola temén remata en pinza. A cabeza de 1,60 cm de longa por 1,70 de ancha ten como unha media lúa algo diluída. Rodea a cabeza pola parte frontal unja serie de 11 pintas azuis. A dereita do becho tamén atopamos unha serie de 11 pintas azuis. No rabo tamén temos 19 pintas azuis. Debaixo destas arrinca unha serie de liñas verdes que queren ser paralelas pero que rematan por non acadalo. Son 14 liñas de 1 cm. aproximadamente. Coas tres liñas inferiores aparecen mezcladas pintas azuis nun total de 34 pintas. Dende as pintas arrincan cara a esquerda tres liñas verdes de 1,90 cm, 1,70 cm e 1,90 cm. Os anchos son de 0,90 cm nas dúas maís estreitas de 1,10 cm na maís ancha. Sigue un grupo de 10 pintas azuis e finalmente unha liña verde de 1,30 de longo por 0,50 de ancho.

PERCALINA.

A Percalina é vermella con dous grupos de buratos romboides de 1,50 cm de lado. Aparecen na parte inferior da  tea. A percalina mide 67 cm de longa e o remate está dentado. A parte dentada ten 32 cm de longa. A percalina mide de ancha na parte inferior 63 cm.

O floco que se coloca na parte de abaixo da cara é o típico que se puña nas colchas. Ten entre 7 cm e 7,50 cm de ancho. A parte que se cola a Pantalla é de 3cm.

O peso da Pantalla é de 700 gm.

Entereime que o artesán a este modelo de Pantalla  chamáballe "a porca" pola forma do nariz. Este artesán foi evolucionando no concepto da máscara. Esta evolución verémola proximamente ao facer un estudo dunha Pantalla máis actual.

Quero agradecer o prestamo que me fixo a Mónica (Mica) da máscara e a súa decisión de non cambiar o modelo cando a levou a arranxar e así poder ollar a evolución das máscaras deste artesán.

Tamén quero agradecerlle a Ana Ban Ana o préstamo do deseño dunha Pantalla para tomar as medidas.