Os de Xinzo querémoslle moito a Pantalla propia. É algo moi serio. A Pantalla non se presta, revísase e arránxase meses antes de usala para que estea nas mellores condicións. Para o conxunto do traxe e máscara non se permiten burlas e moito menos desprezo. En tempos, os cintos mediron as costas de máis dun que se pasou denigrando a unha Pantalla. Pero existen outras formas de denigrar unha Pantalla: vestir inadecuadamente, non saber o que fai unha Pantalla, non respetar o traxe tirándose polo chan, poñela como un "disfraz" sen máis. Non sentir a transformación de pasar a ser unha entidade distinta, cun comportamento diferente, e como non decilo, único no mundo. Se non se sinte iso, a persoa que leva a Pantalla non é unha Pantalla e o peor de todo, tendo a posibilidade de ser Pantalla, non o é. Non saben o que se perden. Non costa nada mirar para os maiores, falar con eles e que conten como se vive a máscara desde dentro.
Quen aprende a respectar a Pantalla aprende a respectaraste a si mesmo.
A miña Pantalla sae do curso que Santi e Aurora fixeron no ano 2021-2022 e trouleou no entrodio 2022. A Pantalla foi feita polo Santi e pintada pola Aurora porque o meu traballo foi empapelar e encher de pintura onde o precisaba. Ben se nota porque o acabado das do Santi é perfecto e a miña cos seus defectos, non o é. (Dito de paso tampouco quixen nin quero correxir nada para que se note que está feita a man por min) así e todo... quérolle pola vida porque é a miña. Está colgada na sala da casa todo o ano e véxoa a diario.
A BARBA.
Nace da parte de abaixo das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha ondulación a cada lado da cara. No queixo ten unha ondulación. Escollín o modelo de barba máis tradicional.
BARBA LADO DEREITO.
Ten un longo de 7,50 cm. A parte máis alta ata o floco mide 4 cm. Despois ven un tramo liso de 3,50 cm. de longo e 0,50 cm. de alto.
BARBA LADO ESQUERDO.
Ten un longo de 6,60 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,50 cm. Ten igualmente un tramo de 3,50 cm. de longo e 0,50 cm. de alto.
BARBA DO QUEIXO.
De alto dende o floco ten 4,60 cm. De longo mide 7,50 cm.
A BOCA.
A boca é de cor vermella e non sobresaen os labios. Ten de longa 7,40 cm. A anchura na abertura máxima é de 1,50 cm. O ancho do labio superior é de 1,30 cm. e do labio inferior é de 0,80 cm. O ancho do burato é de 0,50 cm. e de longo ten 5,90 cm. A distancia á barba é de 2,40 cm. Ata o fondo do sombreiro é de 8 cm.
O BIGOTE.
O bigote é de madeira dunha soa peza. Está pintado de negro e revirado cara arriba.
Mide de longo 7,20 cm. e de groso ten 0,50 cm.
Está colocado a 0,70 cm. da boca.
OS COLORETES.
Os colorentes son dun vermello máis alaranxado. Teñen un diámetro de 1,20 cm. A separación entre eles é de 5,10 cm.
O NARIZ.
O nariz non é triangular e ten dous buratos pintados de vermello e ten tabique. Cada burato mide 1,20 cm. de alto e 0,60 cm. de ancho. O nariz mide de longo 4,20 cm. De alta mide 2,50 cm. ata a base. De ancha mide 3,40 cm.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo 3,70 cm. De alto mide 2,10 cm. O ancho da parte de arriba é de 1,10 cm. cara fóra remata en punta. Ten 10 pestanas negras na parte de arriba. O ancho da parte de abaixo é de 0,70 cm. con 7 pestanas negras.
O ollo esquerdo mide de longo 3,70 cm. De alto mide 2,20 cm. O ancho da parte de arriba é de 1 cm. cara fóra tamén remata en punta. Ten 10 pestanas negras na parte de arriba. O ancho da parte de abaixo é de 0,70 cm. con 7 pestanas negras.
AS CELLAS.
Son de cor negras. Son máis anchas cara a zona do nariz.
A cella dereita mide de longo 7,60 cm. e de ancha na do zona nariz 0,70 cm. no resto 0,40 cm. e na punta 0,10 cm.
A cella esquerda mide de longo 6,90 cm. e de ancha na zona do nariz 0,40 cm. no resto 0,40 cm. e na punta 0,05 cm.
Cara e corno unidos. faltan as orellas. |
AS ORELLAS.
Os galóns teñen as seguintes medidas e cores:
As orellas están separadas do corno. Na parte de arriba non seguen dereitas, fan unha pequena curva que as mete cara o rizo. A separación media das orellas do corno son 1,60 cm.
Cos orellas acabadas de coser e de empapelar. |
Lado dereito. |
Lado esquerdo. |
Cara por dentro cos elementos comentados máis a almofada para o queixo |
Fase de Pintado. |
Fase de pintado máis abanzada. |
Pintando os labios. |
Gracias ao Santi e a Aurora por compartir comigo o que saben e os bos intres que pasamos xuntos falando de Pantallas e do entroido. Cantos recordos e anécdotas!