venres, 8 de novembro de 2024

A PANTALLA DE JUSTO GUDE. ANO 1977.


O bo das máscaras
é que, ao encarceraren os 
bicos,
liberaron os abrazos.
Do abrazo.
Azucena Alllegue
.

 

A Pantalla é do ano 1977 e usouse durante 15 anos, ata o ano 1992. Ten unha historia que merece ser contada e se falara... contaría un bo feixe de anécdotas. 


PANTALLA DE J. GUDE.


HISTORIA.

No ano 1977 xuntáronse as ganas que tiñan un grupo de mozos de Xinzo que querían facer e arranxar as súas propias Pantallas e a preocupación que tiña Julio Villarino en trasmitir os seu saber facendo as máscaras de Xinzo. Naquela altura Julio era dos poucos que facían Pantallas. Cando soubo da iniciativa dos rapaces quixo asesoralos para que fixesen unhas máscaras como manda a tradición. Xuntábanse nun piso da familia de José Feliciano. Estes mozos daquela tiñan entre 14 e 15 anos, unha idade perfecta para disfrutar do traxe de Pantalla. Con esta máscara Justo Gude aprendeu a ser PANTALLA, e segue a ser PANTALLA  a día de hoxe. Eu teño o placer de sair con él e outras PANTALLAS de Xinzo no Entroido.

Unha foto dos fondos de Rafa Moreiro do obradoiro de Pantallas:


Na foto falta J. Gude.

Seguiron xuntándose varios anos dous meses antes do entroido para arranxar e pintar as Pantalla e mudar o deseño do corno cada ano. Sempre contaron co asesoramento de Julio Villarino que os correxía e ensinaba. No ano 1979 e no ano 1981 Julio Villarino a petición do Concello de Xinzo organizou dous obradoiros ao que asistiu moita xente, pero só ata que facía o corte do sombreiro, despois os aprendices deixaban de ir as aulas porque a empapelar e pintar a Pantalla casi todo o mundo sabía. A Julio Villarino non lle gustaba esta actitude, porque a duración estaba estimada nun mes, e deixou de dar os obradoiros.


JULIO VILLARINO.


A iniciativa tivo unha importante repercusión e saiu publicado no xornal vigués El Pueblo Gallego o martes de entroido do ano 1977:



Falar do entroido co Gude é darlle permanencia no tempo. Escoitar como foi aquel obradoiro e como o pasaron é moi interesante. Julio Villarino destacaba por ter un forte caracter e non permitía que unha Pantalla non fora feita "como é debido". 

 

GRUPO DE PANTALLAS DO ANO 1978. (Foto J. Gude)
A foto é na fonte do parque do Toural. Un lugar escollido moitas veces polos irmáns Dacal, os fotógrafos, para facer os retratos.

A historia desta Pantalla comeza no día en que se programa con antelación e cautelosamente o roubo do sombreiro para facer a Pantalla. E onde se rouba un sombreiro sin que estea na cabeza do propietario? Pois nun dos poucos lugares onde é de obrigado cumprimento ter a cabeza ao descuberto, a Igrexa.

Esperaron ao momento da misa onde consideraron que era o mellor para marchar co sombreiro. Cando o cura alzau a cáliz na consagración, nese momento colleron o sombreiro e sairon correndo.

Todo foi meticulosamente estudado e o éxito da empresa foi total. Conseguido o sombreiro, conseguida a Pantalla. 

 

Grupo na Estrada Nacional á altura da casa dos Romero. 1980 (Foto J. Gude)


A PANTALLA.

O perímetro da cara é de 29 cm. Da fronte ao quixo ten 20 cm.

A BARBA.

Nace da parte inferior das orellas. A barba é de cor negra cunhas ondulacións sinuosas. 

BARBA LADO ESQUERDO.

Ten de longo 10,20 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,20 cm. A parte estreita do queixo ten 1,80 cm.

BARBA LADO DEREITO.

Ten un longo de 9,40 cm. A parte máis alta ao floco mide 3,10 cm. A parte máis estreita do queixo ten 2,10 cm.

BARBA DO QUEIXO.

De alto dende o floco mide 3,30 cm. e de longo mide 1,90 cm.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e ten de longa 7,20 cm. A anchura da abertura máxima é de 0,90 cm. O ancho do labio superior é de 0,90 cm. e do labio inferior é de 0,40 cm.

O BIGOTE.

O bigote está pintado de cor negro. As puntas están reviradas cara arriba. O bigote do lado esquerdo mide 4,10 cm. e o da dereita mide 4,50 cm.

OS COLORETES.

Os coloretes son vermellos. O esquerdo ten un diámetro de 1,60 cm. e o dereito de 1,10 cm. A separación entre eles é de 8,50 cm.

O NARIZ.

O nariz é triangular dun só burato. De longa mide 3,80 cm. De alta mide 2,50 cm. e de ancha mide 3,70 cm. O burato ten de ancho 1,80 cm. e de alto 1,10 cm.

OS OLLOS.

O ollo esquerdo mide de ancho 5,70 cm. e de alto 2,40 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,80 cm. e o da parte de abaixo 0,40 cm.

O ollo dereito mide de ancho 4,80 cm. e de alto 2,20 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,40 cm. e o da parte de abaixo 0,40 cm.

Non teñen pesanas.

AS CELLAS.

Son de cor negra e non son regulares, son unha pincelada que muda de ancho e longo.

A cella esquerda ten de longo 4,50 cm. e de ancha 0,40 cm. e remata en punta.

A cella dereita ten de longo 4,30 cm. e de ancha 0,60 cm. tamén remata en punta.

AS ORELLAS.

As orellas están feitas de feltro.

Os galóns teñen as seguintes medidas e cores:










O CORNO.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o trapo debaixo das orellas mide 30,50 cm.

O ancho da parte inferior dende debaixo das orellas son 17 cm.

O ancho da parte media dende a punta do rizo son 37 cm.

O rizo mide de ancho 8 cm e de alto 7 cm.


A fita perimetral é de cor negra. Do lado dereito mide na parte superior 0,80 cm. Na parte de atrás e no rizo mide 1,10 cm. Por riba do trapo mide 0,70 cm. Detrás das orellas mide 0,30 cm.
Do lado esquerdo é máis regular e mide 0,90 cm. en case que todo o perímetro. Por riba do trapo mide 1,40 cm. e detrás das orellas mide 0,1-0,2 cm.
O triángulo por riba da cara mide de lado 6,30 cm. de lado e 7,60 cm. de base.
Pola parte de atras do corno ten un tríángulo pintado de negro que mide de lado 9,70 cm. e de base 7,80 cm.


Lado dereito.



O fondo do corno é branco. O debuxo é a cabeza dun homínido de tres cores: cabelo negro, branco no medio da cara, e o rostro de cor vermello. Da boca sae unha longa língua de cor verde que chega casi o rizo. Segundo comentario de Gude a idea xurdiu para facerlle a competencia a uns debuxos das Pantallas doutra cuadrilla que reproducían a famosa lingua dos Rolling Stones.

O cabelo é negro con tres puntas que voan ao vento. Unha longa entrada de cor branco dalle volumen. O cabelo tamén vai con puntas cara o rostro. Ten o pelo moi longo por riba da cara, semella a póla dunha árbore.

A parte branca intermedia fai de elo entre o cabelo e o rostro. O rostro é vermello con puntas cara o cabelo. O ollo é de cor laranxa coa meniña do ollo negra e unha cella de cor vermella. 
A língua é de cor verde intenso.

No lado dereito a altura da cara é de 13,50 cm. O ancho máximo é de 25 cm. incluída a prolongación capilar. A cella mide 1,50 cm. de longo por 0,50 cm. de alto. O ollo mide 1,10 cm. de ancho e 1 cm de alto. O nariz mide de alta 3,10 cm. e de ancha 1 cm. A boca mide 2,10 cm. á máxima abertura. A lingua mide 11,50 cm. de longa e 2,50 cm. na parte máis ancha e 0,90 cm. na punta.

No lado esquerdo a altura da cara é de 13,90 cm. O ancho máximo é de 26 cm. incluída a prolongación capilar. A cella mide 1,10 cm. de longo por 0,50 cm. de alto. O ollo mide 1,30 cm. de ancho e 1 cm. de alto. O nariz mide de alta 3,40 cm. e de ancha 1,10 cm. A boca mide 1,90 cm. á máxima abertura. A lingua mide 10,90 cm. de longa e 1,70 cm. na parte máis ancha e 0,90 cm. na punta.


Lado esquerdo.



O TRAPO.

O trapo é de cor vermello aserrado en todo o contorno. Ten tres series de 5 rombos grandes que tamén están aserrados que miden 3,30 cm. de alto e 1,60 cm. de ancho.

O trapo.



O FLOCO.

O floco mide 38 cm. ao redor da cara e orellas. De longo mide 11 cm. É de cor branco.


Interior da cara.

Podemos ver no interior da cara os cortes na parte superior. O empapelado e o cosido.

A Pantalla pesa 772 gr.



O meu agradecemento a J. Gude por tantas conversas relacionadas co entroido de Xinzo e coa historia de Xinzo de Limia en xeral. Gracias tamén polas fotos.



Grupo no ano 1981.



Foto da Pantalla feita por Dacal. Esta foto abre o artigo de Federico Cocho na Revista Lethes.



J. Gude coa Pantalla co debuxo do ano 1978.




J. Gude coa Pantalla o 17 de xuño de 2024.