A Pantalla saiu á rúa o ano 2011. É do Xoán Losada. Feita polo Xesús Losada Laxe.
É interesante coñecer Pantallas feitas por diferentes persoas porque aportan o seu coñecemento e benquerer pola máscara.
Vista frontal. |
O perímetro da cara é de 25 cm. Da fronte ao queixo ten 12 cm.
A BARBA.
Nace dende a parte inferior das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha ondulación a cada lado da cara. No queixo ten unha ondulación.
BARBA LADO ESQUERDO.
Ten un longo de 9,60 cm. A parte máis alta ata o floco mide 4,40 cm. A parte estreita do quiexo ten 0,50 cm.
BARBA LADO DEREITO.
Ten un longo de 9,50 cm. A parte máis alta ata o floco mide 4,60 cm. A parte estreita do queixo ten 0,60 cm.
BARBA DO QUEIXO.
De alto dende o floco ten 2,60 cm. De longo mide 7,80 cm.
A BOCA.
A boca é de cor vermella e ten de longa 8,20 cm. A anchura na abertura máxima é de 0,90 cm. O ancho do labio superior é de 1,50 cm e do labio inferior é de 1 cm.
A distancia ao floco é de 4,20 cm e da boca ao borde do sombreiro por debaixo do floco é de 7,70 cm.
O BIGOTE.
É de cor negro. A peculariedade deste bigote é que ten relevo feito con papel e segundo o Suso Laxe deulle o seu traballo para que quedase igualado e simétrico. Sobresae 0,60 cm da cara. No centro ten unha anchura de 1cm. Ten as puntas cara arriba. De punta a punta ten 10 cm. (Lonxitude de 12 cm.)
Bigote con relevo. |
OS COLORETES.
Os coloretes son vermellos e teñen un diámetro de 1,50 cm. A separación entre eles é de 5,70 cm.
O NARIZ.
O nariz é triangular dun só burato. De longa mide 7,70 cm. De alta mide 3,80 cm ata a base. De alta mide 3,30 cm. De ancha mide 1 cm. O burato ten de ancho de 1,90 cm e de alto mide 1,60 cm.
OS OLLOS.
O ollo esquerdo mide de longo 5,50 cm. De alto ten 3,10 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,30 cm. O ancho da parte de abaixo é de 0,20 cm.
O ollo dereito mide de longo 5,50 cm. De alto ten 3,30 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,20 cm. O ancho da parte de abaixo é de 0,10 cm.
Non ten pestanas.
AS CELLAS.
Son de cor negra. Como o bigote ten relevo feito de papel. Son máis anchas cara o centro da cara e fanse máis estreitas cara os bordes da cara.
A cella dereita mide de ancha 1,10 cm. De longa 7,30 cm. (Lonxitude de 10 cm). Sobresae da cara 0,60 cm.
A cella esquerda ten de ancho 1,10 cm. De longa 7,30 cm. (Lonxitude de 10 cm). Sobresae da cara 0,70 cm.
Cellas con relevo. |
AS ORELLAS.
As orellas están feitas co feltro do sobreiro.
Teñen as seguintes medidas:
A fita do lado dereito mide 0,80 cm menos na parte inferior do rizo que mide 0,60 cm. Esta mesma medida, 0,60 cm para a esquina inferior esquerda. Na parte de atrás das orellas temos 3,10 cm. Por riba do trapo mide 1,10 cm.
Nun fondo carmín temos 13 círculos de 2,80 cm de diámetro. Os círculos claramente foron feitos cun molde.
Os tres círculos de abaixo teñen sobre a cor púrpura as cores verde, amarela e vermella.
Os tres círculos que están por riba e empezando polo esquerdo teñen sobre a cor branca as cores verde e vermella. O círculo do medio ten sobre a cor amarela as cores branca e azul. O círculo da dereita ten sobre a cor branca as cores verde e amarela.
O dous círculos por riba dos anteriores e empezando polo círculo da esquerda ten sobre a cor verde as cores amarela e vermella. O círculo da dereita ten sobre a cor verde as cores amarela e azul.
Os cinco círculos de arriba, que chegan ata o rizo, teñen a seguinte secuencia. Empezando de esquerda a dereita;
Sobre a cor branca ten as cores vermella, amarela e vermella.
Sobre a cor amarela ten as cores branca e azul.
Sobre a cor branca ten a cor verde.
Sobre a cor verde ten as cores amarela e vermella.
Sobre a cor verde ten as cores amarela e azul.
Lateral dereito. |
No firmamento do fondo aparecen 45 estrelas fugaces pintadas unhas de cor branca (15) e outras de cor amarela (30). Ademais aparecen unha infinidade de pequenas estrelas de cores vermellas, azuis escuras, azuis claras e verdes.
Lado esquerdo. |
A fita do lado esquerdo mide 0,90 cm en case todo o perímetro. É no rizo onde cambia. Temos na parte de abaixo do rizo 0,70 cm. e na punta 0,80 cm. A esquina de abaixo dereita ten 90 cm. Pola parte de atrás das orellas temos 3,10 cm. Por riba do trapo mide 1 cm.
O fondo tamén é de cor carmín con 13 círculos de 2,80 cm de diámetro.
Os tres círculos de abaixo teñen sobre a cor verde a cor amarela.
Os tres círculos que están por riba e empezando polo esquerdo teñen sobre a cor branca as cores azul e amarela. O círculo do medio ten sobre a cor amarela as cores rosa e verde. O círculo da dereita ten sobre a cor branca as cores verde e amarela.
O dous círuculos por riba dos anteriores teñen sobre a cor verde a cor amarela.
Os cinco círculos de arriba, que chegan ata o rizo, teñen a seguinte secuencia. Empezando de esquerda a dereita;
Sobre a cor verde ten a cor amarela.
Sobre a cor amarela ten a cor vermella.
Sobre a cor branca ten as cores azul e amarela.
Sobre a cor verde ten a cor amarela.
Sobre a cor verde ten a cor amarela.
Lateral esquerdo. |
No firmamento do fondo aparecen 47 estrelas fugaces pintadas unhas de cor branca (11) e outras de cor amarela (36). Ademais aparecen unha infinidade de pequenas estrelas de cores vermellas, azuis escuras, azuis claras e verdes.
O TRAPO.
Detalle do trapo. |
O trapo é de cor branco con rombos cortados. Toda a parte de abaixo está dentada. De longo ata as puntas mide 47 cm.
Os rombos teñen un lado de 0,50 cm. Seguen a seguinte secuencia en vertical e empezando de esquerda a dereita:
Tres rombos. O primeiro está a 12 cm da parte cosida á Pantalla. Ata o que está por debaixo temos 16,50 cm. O seguinte, que é o de abaixo de todo, está a 9,50 cm do anterior.
Un grupo de 5 rombos a 15 cm da parte cosida á Pantalla e a 7,50 cm destes temos un grupo de 6 rombos.
Un rombo só á altura do tercerio dos rombos do grupo de tres rombos primeiros.
Catro grupos de 3 rombos. O primeiro grupo de tres rombos esta a 7,50 cm da parte cosida á Pantalla. A separación entre os gurpos son: do primeiro ao segundo 4,50 cm, do segundo ao terceiro 4 cm e do terceiro ao cuarto 4,50 cm.
Un rombo só á altura do tercerio dos rombos do grupo de tres rombos primeiros.
A partir deste último a secuencia repítese seis veces máis.
O FLOCO.
O floco mide 31 cm ao redor da cara e métese por debaixo das orellas. De longo ten 16 cm. É de cor dourado.
Interior da cara. |
Podemos ver no interior da cara o corte do sombreior co triángulo na parte superior. Ten outros dous pequenos cortes laterais a cada lado da cara. Por riba dos ollo vemos o cosido das orellas, da cara ao corno e da parte máis ancha do triángulo de cartón.
A Pantalla pesa 827 gr.
Quero agradecer o préstamo da Pantalla ao Xoán Losada, meu mestre de percusión e Director da BGX. Tamén ao Suso Laxe por aclararme unhas dúbidas que tiña sobre a feitura da Pantalla.