Nos anos noventa do século XX a Asociación Trisquel programou varias actividades culturais en Xinzo de Limia. Nunha acta desta asociación do 28 de setembro do 1992 destaca que entre as actividades feitas está a "campaña en defensa da Pantalla". Intentábase deter a deriba que se estaba a producir na conduta non adecuada das Pantallas, que se viña arrastrando dende os anos oitenta. O José Luis "Chelís" coméntame que se fixeron cursos de elaboración de Pantallas organizados pola Asociación Trisquel. Entre os que impartían os cursos estaban o Suso Laxe, o Luis "Lichas", o Suso Fariñas e o propio José Luis "Chelís".Todo isto antes da fundación da Asociación A Pantalla.
Unha das persoas que asistiron a un dos cursos para facer Pantallas organizado pola Asociación Trisquel foi Jero Peláez Gómez. Este acto implica que Jero quería ter un contacto máis íntimo e único cunha máscara feita por el mesmo. Un acto de amor cara a máscara da súa vida: A Pantalla. Porque Jero é Pantalla. Esta afirmación tan curta na nosa vila dinos todo. Que te sintas e que os demais te vexan como Pantalla é unha actitude de vida. Implica coñecemento, respecto e cariño cara a máscara. E non só, tamén implica formar parte dunha comunidade de persoas única, que se recoñece e repecta como portadores dunha tradición que se aprende, que se disfruta e que se trasmite.
A PANTALLA.
O perímetro da cara é de 19 cm. Da fronte ao queixo mide 22 cm.
A BARBA.
A barba sae un pouco por debaixo da base das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha patilla a cada lado da cara, precedidas por dúas correas, e a barba do queixo.
PATILLA DEREITA.
Sae a 1 cm. do floco un pouco por debaixo da altura da base da orella. A patilla ten un longo de 4,80 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,20 cm. Ata a barba do queixo aparece unha correa que mide de longa 1,50 cm. e de alta 0,50 cm. no lado da patilla e 0,50 cm. no lado da barba do queixo.
PATILLA ESQUERDA.
Sae a 0,40 cm. do floco un pouco por debaixo da altura da base da orella. A patilla ten un longo de 4,30 cm. A parte máis alta ata o floco mide 2,80 cm. Ata a barba do queixo aparece unha correa que mide de longa 1,60 cm. e de alta 0,20 cm. no lado da barba do queixo e 0,30 cm. no lado da patilla.
O QUEIXO.
De alto dende o floco mide 4 cm. De longo mide 7 cm. A barba está a 1,30 cm. da boca.
A BOCA.
A boca é de cor vermella e a pintura sobresae dos beizos. Ten de longa con pintura 6,20 cm. A abertura máxima con pintura é de 1,60 cm. O ancho do labio superior é de 0,70 cm. e do labio inferior é de 0,70 cm. O burato da boca ten 0,50 cm. de alto e de longo mide 4,50 cm. A distancia ao floco é de 5,20 cm. Ata o fondo do papo mide 6,50 cm.
O BIGOTE.
O bigote está pintado de cor negro. Está dividido en dous tramos. O tramo dereito mide 5,70 cm. de longo e 0,90 cm. de ancho disminuindo cara as puntas. Con relación á boca o lado máis cercano está a entre os 0,30 cm. e os 0,1 cm.e dende a punta do bigote está a 3,40 cm. Do nariz está a 0,60 cm. O tramo esquerdo mide 6 cm. de longo e 0,90 cm. de ancho diminuíndo cara a punta. Con relación á boca o lado máis cercano está entre os 0,20 e os 0,30 cm. e dende a punta do bigote está a 3,60 cm. Do nariz está a 0,30 cm.
De punta a punta o bigote mide 10,20 cm. A distancia intermedia entre as dúas partes é de 0,50 cm.
Os colorentes son vermellos. Teñen de diámetro 1,50 cm. A separación entre eles é de 5 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 2,50 cm. e do ollo está a 1,90 cm. No colorete esquerdo a separación da base do nariz é de 2,10 cm. e do ollo está a 2,50 cm.
O NARIZ.
O nariz é circular dun só burato. O nariz mide de longo 5,70 cm. De alto mide 2,40 cm. ata a base. De ancho mide 4,40 cm. O burato mide de alto 1,80 cm. e de ancho mide 2,70 cm. O grosor do feltro e do papel é de 0,60 cm. 0,60 cm. O nariz está pintado de vermello por dentro e sobresae a pintura cara fóra 0,50 cm.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo con pintura 5,70 cm. De alto mide 3,60 cm. coa pintura. O burato mide de longo 4,50 cm. e de alto mide 2,90 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,50 cm. Ten 15 pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 0,70 cm. e ten 8 pestanas.
O ollo esquerdo mide de longo con pintura 5,90 cm. De alto mide 3,60 cm. coa pintura. O burato mide de longo 4,40 cm. e de alto mide 2,90 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,50 cm. e ten 14 pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 0,70 cm. e ten 8 pestanas.
AS CELLAS.
Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo e pegadas ás pestanas.
A cella dereita mide de longo 9,50 cm. e de ancha mide entre 0,20 cm. e 0,40 cm.
A cella esquerda mide de longo 9,50 cm. e de ancha mide 0,20 cm.
AS ORELLAS.
As orellas están feitas de cartón e pola parte interior están cosidas e empapeladas. A parte de fóra das orellas están separadas.
Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 34 cm.
O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 19 cm. e 23 cm. á parte superior do triángulo.
O ancho da parte media dende á punta do rizo mide 37 cm.
O rizo mide de ancho 11 cm. e de alto 10 cm.
O bordo é do cor branco de entre 1,10 cm. e 1,20 cm. de ancho. A parte de atrás das orellas mide 2,50 cm. No faldón ten bordo mais non se olla co Pano. Na parte do corte mide de base 12 cm. e de lado 7,60 cm. O triángulo por riba da cara mide de lado 11,50 cm. e de base 6 cm.
LADO DEREITO.
O fondo é negro. Ten moitos puntiños de cor branco de varios tamaños. Aparecen 5 estrelas de 8 raios das que 3 son grandes e as otras dúas son pequenas. Tamén aparecen 2 estrelas pequenas de 6 raios. Na parte de abaixo, á esquerda, temos unha figura estelar con 1,60 cm. de diámetro e tres pequenos raios. O máis longo mide 9 cm. cun pequeno apéndice á dereita de 2,50 cm. Por riba desta figura temos outra similar de 1,60 cm. de diámetro e un raio de 11,80 cm. de longo con cinco apéndices á esquerda de 1,80 cm. a 0,10 cm. de longo. Á dereita desta última figura aparece outra similar de 1,40 cm. de diámetro e un raio de 5 cm. de longo e un apéndice á dereita de 0,60 cm. de longo e outro á esquerda de 0,50 cm. de longo. No rizo un círculo de 1,20 cm. de díametro. Ao seu redor unha figura de 8 cm. de longo atá a separación, que ten de ancho sobre 0,50 cm., que ramifica en dous: o da dereita ten 7 cm. de longo e o da esquerda ten 7,50 cm. de longo.
LADO ESQUERDO.
O fondo é negro con moitos puntiños brancos de varios tamaños. No lado de abaixo á dereita temos unha lúa que de punta a punta mide 5,50 cm. e de ancha 2,40 cm. A altura total da lúa é de 6 cm. Á esquerda desta temos dúas estrelas fugaces de 4,80 cm. de longo e a cabeza da de arriba mide 0,40 cm. de ancho. A estrela fugaz de abaixo mide 5 cm. de longa e a cabeza mide 0,40 cm. de ancha. No rizo temos unha lúa chea de 4 cm. de diámetro.
Temos tamén unha figura en forma de asas de pásaros. A asa do lado dereito mide 4,70 cm. e a asa do lado esquerdo mide 4,40 cm. Tamén temos dúas pequenas estelas feitas de liñas de oito puntas.
O PANO.
O pano é de cor vermello e no faldón é doble. De longo mide 64 cm. e de ancho 82 cm. Ten forma de serra na parte de abaixo. Os triángulos que forma a parte de serra miden 1,30 cm. de lado e 1,30 cm. de base. A 33 cm de parte de abiaxo temos 12 rombos de 1,50 cm. de lado. A separación entre eles é de entre 5,80 cm. e 6 cm.
![]() |
Interior da cara. |
![]() |
Interior do corno. |
![]() |
Firma do propietario. |
Teño con Jero unha débeda de vida por terme apoiado xenerosamente neste proxecto de recoller as máscaras que van resistindo ao tempo e dar noticia das persoas que fan Pantallas na actualidade.
Xa dende pequenos, vivimos porta con porta, Jero e eu xogamos no "patio". Despois achegoume ao mundo da fotografía compartindo comigo a súa sabiduría. E todo desinteresadamente. A verdade ter atopado a Jero na vida axudoume e axúdame moitísimo a satisfacer a miña curiosidade. Agora tamén a difundir o que vou descubrindo. Poucas persoas me teñen axudado e acompañado neste percorrido, Jero é unha das destacadas. Ficarei sempre agradecido.