luns, 2 de xuño de 2025

PANTALLA DO SANTI (SANTIAGO MARTINEZ SANTANA) ANO 1991.

Santiago Martínez Santana, Santi, e as súas Pantallas dan para un monográfico. Leva moitos anos facendo Pantallas e a súa pegada é importante dende os anos oitenta do século pasado. Contando coa amabilidade da xente que me empresta as Pantallas iremos vendo a evolución que van tendo as súas Pantallas ao longo do tempo. É un traballo ben bonito describir con obras o importante legado deste artesán da nosa máscara. E non só de Santi temos que falar, tamén de Aurora a súa compañeira de vida, que colabora na elaboración das máscaras e que desenrola un traballo moi importante no remate das máscaras.

Esta Pantalla é do ano 1991, ten na acutalidade 34 anos, e está nun perfecto estado de conservación. Podería sair ás rúas de Xinzo novamente para facer disfrutar ao seu dono, ou descendentes, do entroido en plenitude.

É propiedade de Javier Conde e chega a nós pola mediación de Martín Domínguez.




A PANTALLA.

O perímetro da cara é de 33,50 cm. Da fronte ao queixo mide 19 cm. 

A BARBA.

A barba sae da base das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha patilla a cada lado da cara, a barba do queixo e dúas correas. 

PATILLA DEREITA.

Da base da orella sae unha correa de 3,10 cm. de longo e 1,60 cm. de ancha. A patilla ten un longo de 7,10 cm. A parte máis alta ata o floco mide 5,60 cm. A parte estreita da barba do queixo mide 1,90 cm.

PATILLA ESQUERDA.

Da base da orella sae unha correa de 3,10 cm. de longo e 1,60 cm. de ancha. Ten un longo de 5,50 cm. A parte máis alta ata o floco mide 5,10 cm. A parte estreita do lado da barba do queixo mide 1,50 cm.

O QUEIXO.

De alto dende o floco mide 4,20 cm. De longo mide 8,10 cm. A barba está a 1,40 cm. da boca.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e a pintura sobresae dos beizos. Ten de longa con pintura 6,20 cm. A abertura máxima con pintura é de 1,30 cm. O ancho do labio superior é de 2,30 cm. e do labio inferior é de 2 cm. O burato da boca ten 0,60 cm. de alto e de longo mide 5 cm. A distancia ao floco é de 6,30 cm. Ata o fondo do papo mide 9 cm.

O BIGOTE.

O bigote é de madeira e vai cosido á cara. As puntas están lixeiramente reviradas cara arriba. Mide de longo 6,40 cm. e de groso entre os 0,50 cm. e os 0,60 cm. Está a 0,70 cm. da boca e a 0,40 cm. do nariz. De punta a punta o bigote mide 9 cm. 


OS COLORETES. 

Os colorentes son vermellos, mais cunha cor máis alaranxada que o vermello que se emprega nos resto dos elementos da máscara. Son pequenos, teñen 0,60 cm. de diámetro . A separación entre eles é de 6,50 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 1,90 cm. e do ollo está a 1,90 cm. No colorete esquerdo a separación da base do nariz é de 1,90 cm. e do ollo está a 1,70 cm.

O NARIZ.

O nariz é triangular dun só burato. O nariz mide de longo 3,50 cm. De alto mide 2,90 cm. ata a base. De ancho mide 3,20 cm. O burato do nariz mide de ancho 0,90 cm. e de alto mide 1 cm. De groso mide 1 cm. na punta do nariz e nos lados mide 1,50 cm. Por dentro está pintada de vermello, na base 2,10 cm. e de alto 2 cm.

OS OLLOS.

O ollo dereito mide de longo 4,30 cm. De alto mide 2,40 cm. coa pintura. O burato mide de longo 3,30 cm. e de alto mide 1,30 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 2,50 cm. e ten 11 pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 1,70 cm. e ten 7 pestanas. 

O ollo esquerdo mide de longo 4,50 cm. De alto mide 2,40 cm. coa pintura. O burato mide de longo 3 cm. e de alto mide 1,10 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 3 cm. e ten 11 pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 2,30 cm. e ten 9 pestanas.

Os ollos están pintados por dentro. A parte de arriba dos ollos está pintado entre os 0,80 cm. e os 1,20 cm. A parte de abaixo está pintado todo o ancho.  

AS CELLAS.

Son de cor negras. Están pintadas por riba dos ollos e no lado das orellas reviran cara o interior. 

A cella dereita mide de longo 4,60 cm. e de ancha mide 0,20 cm. no arranque do lado do nariz é un pouco máis ancha 0,30 cm. Do ollo está a 0,50 cm. e a punta de fóra está revirada cara o interior a 0,90 cm. do ollo. 

A cella esquerda mide de longo 4,20 cm. e de ancha mide 0,30 cm. no arranque do lado do nariz é un pouco máis ancha 0,40 cm. Do ollo está a 0,30 cm. e a punta de fóra está revirada cara o interior a 0,60 cm. do ollo.

AS ORELLAS.

As orellas están feitas de feltro. A parte de fóra das orellas está separada.



O CORNO.

O corno ten o rizo do modelo antiguo.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 29,50 cm.

O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 23,50 cm.

O ancho da parte media dende á punta do rizo mide 33 cm.

O rizo mide de ancho 8,50 cm. e de alto 6 cm. 

O bordo é do cor dourado de entre 1 cm. e 1,80 cm. de ancho. A parte de atrás das orellas está casi toda pintada e mide 3,80 cm. na orella esquerda e 2,50 cm. na orella dereita. No faldón mide entre 1,60 cm. e 2,20 cm. Na parte do corte en diagonal 3,40 cm. O triángulo por riba da cara mide de lado 6 cm. e de base 8,60 cm. 


LADO DEREITO.

O fondo é azul con estrelas douradas. En menor medida puntos dourados máis grandes. De cor dourada é tamén unha estrela de 1,10 cm. de diámetro. Tamén aparecen puntiños brancos e amarelos.

O motivo principal é un sol de cor amarelo e vermello de 23 raios de diferente tamaño. O máis pequeno mide 1,50 cm. e o máis longo mide 11 cm. Este último ten unida unha parte de cor vermella con dúas ramificacións. A do lado dereito ten un só raio e o da esquerda ramifica en 3 raios. Continúa cun raio ondulado de 1,13 cm. ata o centro do raio vermello que ten 5,80 cm. No rizo hai unha estrela de cor vermella e amarela con 10 raios. A estrela ten de diámetro 3 cm.


LADO ESQUERDO.

O fondo é azul con estrelas douradas, vermellas, amarelas e brancas. O motivo principal é unha lúa con cores misturadas, amarela, dourada, vermella, branca, verde e azul. De punta a punta mide 8,20 cm. e 9,80 cm. de alta. De ancha mide 3,50 cm. Pola parte superior do corno temos uns raios de cor amarelo, vermello e branco. Á dereita da lúa temos unhas figuras que semellan papaventos. O que está máis preto da lúa, de cor amarela, ten asociado unha figura de 6 raios con distintos graos de ondulación. Algúns deles teñen puntiños de cor vermello entre eles. A outra figura de papaventos está pintado de cor amarela e vermella. Debaixo da lúa temos seis liñas vemellas. No medio da lúa aparece unha figura de catro brazos, un deles ondulado de cor amarelo e vermello. Ao redor seis puntiños vermellos rodeados de 6 puntiños amarelos menos un que ten 4 puntiños amarelos. No rizo aparece unha estrela de catro puntas de entre os 1,90 cm. e  os 2 cm. de lado. É de cor vermella e amarela. Por todo o corno temos puntiños de varios tamaños de cor branco, vermello, laranxa, amaralo e dourado.



O pano é de cor vermello e non ten picado. De longo mide 59 cm. e de ancho 54 cm. Ten forma de serra na parte de abaixo e nos laterais (a 39 cm. do faldón). Os triángulos que forma a parte de serra miden 2,50 cm. de lado e 0,70 cm. de base. 

O FLOCO.

O floco é de cor dourado. Mide 34 cm. ao redor da cara. De longo mide 10 cm.      

A Pantalla pesa 650 gr.




Algunhas fotos do interior da cara.






  











Na parte interior do corno figura o nome da persoa propietaria da Pantalla.




Moitas grazas a Martín Domínguez, a Javier Conde, e xs compañeirxs de A Palleira.