mércores, 14 de maio de 2025

PANTALLA DE JESUS ROMERO FEITA POR JULIO VILLARINO.

Esta Pantalla fíxoa Julio Villarino para Jesús Romero. Arranxouna cunha pinturiña Alfonsito Villarino e finalmente José Antonio "Cuco" deulle un último retoque que a deixou como está agora. A Pantalla calculamos que é da década dos anos cincuenta do século XX. Pola data de nacemento de Jesús incluso podemos pensar en atrasar a data un pouco máis. Falamos dunha Pantalla con 75 anos.

A Pantalla deixama a filla de Jesús Romero, Maria Jesús Romero Alcón, "Chus". Nos anos oitenta do século pasado saímos xuntos de Pantalla con máis compañeiros e compañeiras. Tivo esta Pantalla o deseño das línguas que naquela altura levabamos todos no corno. Creo recordar que nos xuntabamos nunha casa que tiña o Porto na rúa Rosalía e que alí foi onde pintamos as Pantallas. O de xuntarse para pintar as Pantallas tamén é algo que se perdeu. Era a academia onde facer e arranxar as Pantallas, cada un a súa, pero contando coa axuda dos compañeiros e compañeiras. Era un elo de unión moi forte que despois se reforzaba na rúa os días de entroido trouleando coa Pantalla. E non só se apredía como empapelar e pintar a Pantalla, tamén de como debe comportarse e como actuar en cada momento unha Pantalla. 

Para min un dos mellores momento de sair coa Pantalla era cando formabamos un círculo e bailabamos uns cara os outros sen deixar que nada nin ninguén se metese polo medio, era "o intre" de unión único e máxico. 

Foi moi emotivo recordar aqueles tempos.



A PANTALLA.

O perímetro da cara é de 35,50 cm. Da fronte ao queixo mide 21 cm. 

A BARBA.

A barba sae da base das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha patilla a cada lado da cara e a barba do queixo. 

PATILLA DEREITA.

Ten un longo de 9,60 cm. A parte máis alta ata o floco mide 7 cm. A parte estreita do lado da orella mide 4 cm. A parte estreita da barba do queixo mide 1,70 cm.

PATILLA ESQUERDA.

Ten un longo de 9,30 cm. A parte máis alta ata o floco mide 5,60 cm. A parte estreita do lado da orella mide 2,90 cm. A parte estreita do lado da barba do queixo mide 1,30 cm.

O QUEIXO.

De alto dende o floco mide 5,60 cm. De longo mide 10,70 cm. A barba está a 1,10 cm. da boca.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e a pintura sobresae dos beizos. Ten de longa con pintura 8 cm. A abertura máxima con pintura é de 1,50 cm. O ancho do labio superior é de 1,70 cm. e do labio inferior é de 1,50 cm. O burato da boca ten 0,60 cm. de alto e de longo mide 5,70 cm. A distancia ao floco é de 6,70 cm. Ata o fondo do papo mide 7,70 cm.

O BIGOTE.

O bigote está pintado de cor negro. Está dividido en dous tramos. O tramo dereito mide 4,40 cm. de longo e 0,60 cm. de ancho, na punta mide 0,10 cm. Con relación á boca o lado máis cercano está a 0,30 cm. e dende a punta do bigote está a 0,60 cm. Do nariz está a 0,50 cm. O esquerdo mide 4,10 cm. de longo e 0,60 cm. de ancho, na punta mide 0,10 cm. Con relación á boca o lado máis cercano está a 0,40 cm. e dende a punta do bigote está a 0,90 cm. Do nariz está a 0,50 cm.  

De punta a punta o bigote mide 9 cm. A distancia intermedia entre as dúas partes é de 0,50 cm.



OS COLORETES. 

Os colorentes son vermellos. Teñen de diámetro 1,20 cm. o colorete dereito e 1,30 cm. o colorete esquerdo. A separación entre eles é de 6,20 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 2,40 cm. e do ollo está a 1,30 cm. No colorete esquerdo a separación da base do nariz é de 2,40 cm. e do ollo está a 1,10 cm.

O NARIZ.

O nariz ten dous buratos. O nariz mide de longo 3,20 cm. De alto mide 3 cm. ata a base. De ancho mide 3,80 cm. O burato do nariz da dereita mide de alto 2 cm. e de ancho 0,70 cm. O burato da esquerda mide de alto 2 cm. e de ancho mide 0,60 cm. O tabique mide de ancho 0,70 cm. e os dous laterais miden de ancho 0,60 cm. O nariz está pintado de vermello por dentro e non sobresae a pintura cara fóra.

OS OLLOS.

O ollo dereito mide de longo coa pintura 4,50 cm. De alto mide 2,60 cm. coa pintura. O burato mide de longo 4,10 cm. e de alto mide 2,20 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,70 cm. e non ten pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 1 cm. e non pestanas. 

O ollo esquerdo mide de longo con pintura 4,50 cm. De alto mide 2,70 cm. coa pintura. O burato mide de longo 2,30 cm. e de alto mide 2,40 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,60 cm. e non ten pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 0,90 cm. e non ten pestanas.

Os ollos están pintados por dentro. Na parte de arriba dos ollos está pintado entre os 0,80 cm. e os 1,20 cm. Na parte de abaixo está pintado todo o ancho.  

AS CELLAS.

Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 7,60 cm. e de ancha mide 0,50 cm. Do ollo está a 1,10 cm. e as dúas puntas están reviradas cara o interior. 

A cella esquerda mide de longo 7,37 cm. e de ancha mide 0,40 cm. Do ollo está a 1 cm. e as dúas puntas están reviradas cara o interior.

AS ORELLAS.

As orellas están feitas de feltro. A parte de fóra das orellas están separadas.



O CORNO.

O corno ten o rizo do modelo tradicional.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 30,50 cm.

O longo do faldón dende debaixo das orellas é de 22 cm.

O ancho da parte media dende á punta do rizo son 35,50 cm.

O rizo mide de ancho 8 cm. e de alto 7,50 cm. 

O bordo é do cor dourado de entre 0,80 cm. e 1 cm. de ancho. Na parte de atrás das orellas mide 4,50 cm. No faldón mide 6,70 cm. e na parte do corte en diagonal 6,70 cm. O triángulo por riba da cara mide de lado 8 cm. e de base 4,50 cm. A base non é en liña recta. Está pintado de cor azul con puntiños brancos.


 

LADO DEREITO.


O fondo é azul. O motivo principal son dúas flores da auga ou de seis pétalos. Os motivos tráenos as pegadas dunha cultura antiga na Galiza.

O pétalo que está cara arriba mide de longo 4,80 cm. O que está cara a dereita mide 6,40 cm. O seguinte cara abaixo mide 6 cm. O que está cara abaixo mide 5,70 cm. O primeiro a esquerda deste mide 5,70 cm. E o pétalo que queda mide 6,40 cm. De ancho miden sobre 1,70 cm.
Nos bordos dos pétalos predomina a cor verde e por dentro unha amálgama de cores: branco, azul, vermello, negro, verde e amarelo. 
Cara o rizo temos unha figura recta que mide de longo 4,50 cm. e de ancha 0,90 cm. As cores son as mesmas que teñen as flores. No rizo hai tres figuras verticais coas mesmas cores que a figura descrita anteriormente. A da esquerda ten unha pequena ondulación. De longa mide 5,90 cm. e de ancha mide 0,70 cm. A do medio mide de longo 5,60 cm. e de ancha 0,70 cm. A da dereita mide de longo 5,60 cm. e de ancho entre os 0,70 cm. e os 0,80 cm.
Tamén aparecen dúas estrelas feitas de puntiños. Unha é de cor amarela e outra é de cor vermella. A amarela ten un punto central desde onde arrincan oito raios, catro máis longos que miden de punta a punta entre os 6 cm. e os 5,60 cm. Os raios curtos miden de punta a punta entre os 4,10 cm. e os 4,60 cm. Na estrela vermella miden os raios longos de punta a punta entre os 5,60 cm. e os 6 cm. Os curtos miden entre os 4,10 cm. e os 4,60 cm. de punta a punta. No fondo aparecen puntiños brancos, estrelas, e 20 puntiños con dous raios cara arriba. Son de cor branca tamén.

LADO ESQUERDO.



O fondo é azul.Ten tres estrelas de tema principal. A estrela central é amarela de oito puntas. A medida dos lados varían de entre os 12,20 cm. aos 11 cm. Á dereita abaixo aparece unha estrela de cinco puntas de cor verde. A medida dos lados están entre os 2,10 cm. e os 2 cm. Á esquerda por riba da estrela amarela temos unha estrela vermella. Os lados miden entre os 2,10 cm. e os 1,90 cm. Por riba do rizo aparece unha figura ondulada que mide de longo 4,80 cm. de longo e 0,70 cm. de ancho. No rizo aparecen tres figuras en vertical. A da esquerda ten unha pequena ondulación e mide 4,90 cm. de longo e 0,70 cm. de ancha. A figura do medio mide 5,70 cm. de longa e 0,60 cm. de ancha. A figura da dereita mide de longa 6 cm. e de ancha 0,90 cm. Esta última é lixeiramente ondulada. Estas catro figuras teñen a mesma amálgama cores que as que aparecen no lado dereito do corno.
No fondo aparecen puntiños brancos, estrelas, por todo do fondo e 18 puntiños brancos con dos raios cara arriba.   


O PANO.

O pano é de cor vermello. Está aserrado cara os lados con triángulos de 1,50 cm. de lado e 1,50 cm. de base. A parte de abaixo está aserrada con triángulos máis grandes de 4 cm. de lado e 2,50 cm. de base a excepción do central que mide 3 cm. de base. De longo mide 47 cm. e de ancho 52 cm.

O picado é con pequenos rombos de 0,50 cm. de lado. Os rombos están distribuidos da seguinte maneira:

Dende o centro e coincidindo co centro do corte hai sete rombos en vertical. Á altura do segundo rombo, ollando cara abaixo, temos un rombo a cada lado. O da dereita está a 9,80 cm. e o da esquerda está a 10 cm. Á altura do cuarto rombo temos seis rombos, tres a dereita e tres a esquerda. O primeiro rombo da dereita está a 4,50 cm. do central. A 5 cm. deste anterior esta o segundo dos rombos e o terceiro está a 5 cm. do segundo. No lado esquerdo o primeiro rombo está a 4,50 cm. do central. A 4,50 cm. deste anterior esta o segundo dos rombos e o terceiro está a 5 cm. do segundo. Finalmente á altura do sexto rombo temos un rombo a cada lado. O da dereita está a 9,50 cm. e o da esquerda está a 10,80 cm.



O FLOCO.

O floco é de cor branco. Mide 35 cm. ao redor da cara. De longo mide 15 cm.   

A Pantalla pesa 651 gr.   

Corte do sombreiro da cara por dentro.


Número no cartón do corno por dentro.


Reforzo de papel por detro do bordo do corno.






Jesús Romero no centro de pé con sombreiro



Moitas gracias a Chus Romero e Chus pola acollida, pola conversa e por deixarme esta Pantalla que tanto significa na vida de Chus. Quixo Jesús Romero que a súa filla saíse con esta Pantalla a disfrutar da máscara polas rúas de Xinzo. Os meus parabéns por conservala tan ben. Que lle siga despertando lindos recordos cada vez que a vexa.