venres, 4 de abril de 2025

PANTALLA FEITA POR CESAR VIDAL PARA CARLOS MÍGUEZ BERNÁRDEZ. ANO 1970.

Esta Pantalla foi feita por César Vidal no ano 1970 para Carlos Míguez Bernárdez. César fixo naquela altura máis Pantallas porque como xa deixamos dito noutros artigos, conseguir unha máscara non era fácil. Quen facía Pantallas non facía moitas e sempre para familiares ou persoas moi achegadas.

Pouco antes do entroido do 2025 ía eu cara a Escola de Gaitas pola rúa Dous de Maio de Xinzo. Camiñaba uns pasos por diante de min un home cunha Pantalla na man. Apurei o paso para saber quen era e resultour ser o meu amigo e veciño cando nenos Jero Peláez Gómez. Viña de buscar a Pantalla que deixara a reparar no obradoiro do Santi. Saudámonos e falamos de Pantallas, claro. Gustou do proxecto no que andamos metidos e ofreceume dúas Pantallas para que publicase neste mesmo blog. Esta primiera Pantalla foi remozada no ano 2019 por Jero. Aprendeu Jero a facer Pantallas nos obradoiros que organizou a Asociación Trisquel nos anos noventa do século pasado. Na actualidade esta Pantalla está afectada pola couza e pasou uns días no conxelador. Jero quere volver a arranxala e iso é un xesto moi lindo pola súa parte, conservar unha Pantalla con anos é moi meritorio. De momento, e gracias a súa amabilidade, voulle facer un estudio-invenario para que quede constancia da súa existencia e que pase a formar parte da historia da nosa máscara.



A PANTALLA.

O perímetro da cara é de 28 cm. Da fronte ao queixo mide 22,50 cm. Ten a cor rosa que tanto se pintou nos anos oitenta e noventa do século XX.

A BARBA.

A barba sae da base das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha patilla a cada lado da cara e a barba do queixo. Ten dúas correas que unen as patillas coa barba do queixo.

PATILLA DEREITA.

Ten un longo de 6,10 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,20 cm. A parte estreita da patilla, lado orella, mide 0,90 cm. A correa mide de longa 1,80 cm. e de alta mide 0,60 cm. A parte estreita da correa do lado da barba do queixo mide 0,60 cm.

PATILLA ESQUERDA.

Ten un longo de 8 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,40 cm. A parte estreita da patilla, lado orella, mide 1,20 cm. A correa mide de longa 1,30 cm. e de alta mide 0,50 cm. A parte estreita da correa do lado da barba do queixo mide 0,50 cm.

O QUEIXO.

De alto dende o floco mide 6,80 cm. De longo mide 9,20 cm. A barba está a 3,70 cm. da boca.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e a pintura sobresae dos beizos. Ten de longa con pintura 6,20 cm. A abertura máxima con pintura é de 1,50 cm. O ancho do labio superior é de 1 cm. e do labio inferior é de 1,30 cm. O burato da boca ten 0,75 cm. de alto e de longo mide 2,60 cm. Parte do burato está tapado e esta parte tapada mide 0,90 cm. A distancia ao floco é de 11 cm. Ata o fondo do papo mide 13 cm.



O BIGOTE.

O bigote está pintado de cor negro. É longo. Está dividido en dous tramos. Están revirados cara arriba. O tramo dereito mide 4,30 cm. de longo e 0,40 cm. de ancho. Con relación á boca o lado máis cercano está a 0,30 cm. e dende a punta do bigote está a 0,80 cm. Do nariz está a 0,30 cm. O esquerdo mide 4,90 cm. de longo e 0,40 cm. de ancho. Con relación á boca o lado máis cercano está a 0,40 cm. e dende a punta do bigote está a 2,30 cm. Do nariz está a 0,30 cm.  

De punta a punta o bigote mide 9,50 cm. A distancia intermedia entre as dúas partes é de 0,30 cm.





OS COLORETES. 

Os colorentes son vermellos. Teñen de diámetro 1,10 cm. o colorete dereito e 1,20 cm. o colorete esquerdo. A separación entre eles é de 4,90 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 1,10 cm. e do ollo está a 0,70 cm. No colorete esquerdo a separación da base do nariz é de 1,20 cm. e do ollo está a 0,80 cm.

O NARIZ.

O nariz é triangular dun só burato pintado de vermello. O nariz mide de longo 3,30 cm. De alto mide 1,60 cm. ata a base. De ancho mide 3,50 cm. O burato do nariz na parte de arriba está tapado polo que o burato é pequeno. Mide de ancho 1 cm. e de alto mide 0,40 cm. De groso mide 1,30 cm. na punta do nariz e nos lados mide 1 cm. Ten pintado de vermello a parte frontal e sobresae a pintura do nariz.

OS OLLOS.

O ollo dereito mide de longo con pintura 4,50 cm. De alto mide 2,70 cm. coa pintura. O burato mide de longo 3 cm. e de alto mide 1,50 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,70 cm. Ten 10 pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 1 cm. e ten 10 pestanas. 

O ollo esquerdo mide de longo con pintura 4,50 cm. De alto mide 2,70 cm. coa pintura. O burato mide de longo 2,70 cm. e de alto mide 1,60 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,70 cm. e ten 9 pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 1 cm. e ten 9 pestanas. 

AS CELLAS.

Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo e pegadas ás pestanas.

A cella dereita mide de longo 5,50 cm. e de ancha mide 0,20 cm. 

A cella esquerda mide de longo 6,17 cm. e de ancha mide 0,30 cm. 

AS ORELLAS.

As orellas están feitas de feltro e pola parte interior están cosidas e empapeladas. A parte de fóra das orellas están separadas.



O CORNO.

O corno ten o rizo do modelo antiguo.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 29 cm.

O longo do faldón dende debaixo das orellas é de 24 cm.

O ancho da parte media dende á punta do rizo son 34,50  cm.

O rizo mide de ancho 8 cm. e de alto 5 cm. 

O bordo é do cor branco de entre 0,50 cm. e 0,60 cm. de ancha. Na parte de atrás das orellas mide 1,30 cm. No faldón mide 1,20 cm. e na parte do corte en diagonal 3,90 cm. O triángulo por riba da cara mide de lado 6 cm. e de base 4,50 cm. 

LADO DEREITO.



O fondo é negro. Ten moitos puntiños brancos pequenos, estrelas, e 19 puntiños máis grandes de entre os 0,50 cm. e os 0,60 cm. de diámetro. Abaixo á dereita temos un círculo branco de 1,80 cm. de diámetro. Máis arriba á esquerda un círculo branco máis grande de 4,50 cm. de diámetro. No rizo outro círculo branco de 2,30 cm. de diámetro. No fondo á esquerda unha figura estelar cun círculo branco no centro de 2 cm. de diámetro con pequenos raios ao redor do círculo. Saen catro raios grandes e en dous casos os raios ramifican. Empezando polo da esquerda, ten un longo de 5,40 cm. e o que ramifica nun raio que se xira cara si mesmo de 2,50 cm. de longo. Por riba temos un raio de 6 cm. de longo. Á dereita deste un raio temos outro de 4,90 cm. de longo. O último mide 6 cm. e a ramificación mide 4,60 cm. Cerca do rizo tamén parecen dúas liñas que se cruzan. Unha máis grande de 6,20 cm. de longa e 0,70 cm. de ancho na punta grande e 0,10 cm. na punta pequena. Esta liña está atravesada por outra que é máis pequena a 1,10 cm. da punta grande. De longa mide 4,30 cm. e de ancha 0,20 cm. na punta menos ancha e 0,40 cm. na punta máis ancha. 


LADO ESQUERDO.



O fondo é negro. Ten moitos puntiños brancos pequenos, que como vimos son estrelas, e 12 puntiños máis grandes de entre os 0,40 cm. e os 0,50 cm. de diámetro. No centro temos un círculo branco de 2,60 cm. de diámetro. Por riba á dereita un círculo branco de 1,10 cm. de diámetro. Á esquerda deste máis arriba un círculo branco de 1,60 cm. de diámetro. Cara a dereita temos unha lúa que de punta a punta mide 8,50 cm. A parte máis ancha mide 2,20 cm. No rizo temos outra figura estelar que ten un círculo de 2,20 cm. de diámetro. Na parte de arriba do círculo e a cada lado ten dúas liñas. A da dereita mide 1,70 cm. e a da esquerda mide 1,30 cm. Entre as liñas sae un raio que se ramifica. O raio central mide de longo 7,90 cm. O raio que ramifica á dereita mide 3 cm. e o que ramifica a esquerda mide 1 cm.

O PANO.

Non ten pano.


 O FLOCO.

O floco é de cor negro. Mide 29 cm. ao redor da cara. De longo mide 10 cm.   

A Pantalla pesa 693 gr.

Interior da cara cos cortes e os cosidos.






Gracias a Jero por prestarme a Pantalla e facilitarme a información sobre ela. Tamén estou agradecido porque se ofreceu a colaborar no que necesitemos. Seguro que chegado o momento si que necesitaremos esa axuda. 

Gracias a Guillermo Campero pola preciosa foto que acompaña a este artigo e a información que me deu sobre a Pantalla que leva na man.

Gracias a Gude e a Carmen Cuquexo pola información da foto na que sae Cesar Vidal.

De esquerda a dereita, Zalo Dacal, Guillermo Campero e Carlos Míguez.
Están ao lado da tenda da Emilita, a mai da Lola Peláez.

   
                   Salvita, Toño Usera, CESAR VIDAL, Casiano Álvarez e Rafael Laso.
Anicados Lochas, Barge e Milo.