venres, 4 de abril de 2025

PANTALLA FEITA POR CESAR VIDAL PARA CARLOS MÍGUEZ BERNÁRDEZ. ANO 1970.

Esta Pantalla foi feita por César Vidal no ano 1970 para Carlos Míguez Bernárdez. César fixo naquela altura máis Pantallas porque como xa deixamos dito noutros artigos, conseguir unha máscara non era fácil. Quen facía Pantallas non facía moitas e sempre para familiares ou persoas moi achegadas.

Pouco antes do entroido do 2025 ía eu cara a Escola de Gaitas pola rúa Dous de Maio de Xinzo. Camiñaba uns pasos por diante de min un home cunha Pantalla na man. Apurei o paso para saber quen era e resultour ser o meu amigo e veciño cando nenos Jero Peláez Gómez. Viña de buscar a Pantalla que deixara a reparar no obradoiro do Santi. Saudámonos e falamos de Pantallas, claro. Gustou do proxecto no que andamos metidos e ofreceume dúas Pantallas para que publicase neste mesmo blog. Esta primiera Pantalla foi remozada no ano 2019 por Jero. Aprendeu Jero a facer Pantallas nos obradoiros que organizou a Asociación Trisquel nos anos noventa do século pasado. Na actualidade esta Pantalla está afectada pola couza e pasou uns días no conxelador. Jero quere volver a arranxala e iso é un xesto moi lindo pola súa parte, conservar unha Pantalla con anos é moi meritorio. De momento, e gracias a súa amabilidade, voulle facer un estudio-invenario para que quede constancia da súa existencia e que pase a formar parte da historia da nosa máscara.



A PANTALLA.

O perímetro da cara é de 28 cm. Da fronte ao queixo mide 22,50 cm. Ten a cor rosa que tanto se pintou nos anos oitenta e noventa do século XX.

A BARBA.

A barba sae da base das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha patilla a cada lado da cara e a barba do queixo. Ten dúas correas que unen as patillas coa barba do queixo.

PATILLA DEREITA.

Ten un longo de 6,10 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,20 cm. A parte estreita da patilla, lado orella, mide 0,90 cm. A correa mide de longa 1,80 cm. e de alta mide 0,60 cm. A parte estreita da correa do lado da barba do queixo mide 0,60 cm.

PATILLA ESQUERDA.

Ten un longo de 8 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,40 cm. A parte estreita da patilla, lado orella, mide 1,20 cm. A correa mide de longa 1,30 cm. e de alta mide 0,50 cm. A parte estreita da correa do lado da barba do queixo mide 0,50 cm.

O QUEIXO.

De alto dende o floco mide 6,80 cm. De longo mide 9,20 cm. A barba está a 3,70 cm. da boca.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e a pintura sobresae dos beizos. Ten de longa con pintura 6,20 cm. A abertura máxima con pintura é de 1,50 cm. O ancho do labio superior é de 1 cm. e do labio inferior é de 1,30 cm. O burato da boca ten 0,75 cm. de alto e de longo mide 2,60 cm. Parte do burato está tapado e esta parte tapada mide 0,90 cm. A distancia ao floco é de 11 cm. Ata o fondo do papo mide 13 cm.



O BIGOTE.

O bigote está pintado de cor negro. É longo. Está dividido en dous tramos. Están revirados cara arriba. O tramo dereito mide 4,30 cm. de longo e 0,40 cm. de ancho. Con relación á boca o lado máis cercano está a 0,30 cm. e dende a punta do bigote está a 0,80 cm. Do nariz está a 0,30 cm. O esquerdo mide 4,90 cm. de longo e 0,40 cm. de ancho. Con relación á boca o lado máis cercano está a 0,40 cm. e dende a punta do bigote está a 2,30 cm. Do nariz está a 0,30 cm.  

De punta a punta o bigote mide 9,50 cm. A distancia intermedia entre as dúas partes é de 0,30 cm.





OS COLORETES. 

Os colorentes son vermellos. Teñen de diámetro 1,10 cm. o colorete dereito e 1,20 cm. o colorete esquerdo. A separación entre eles é de 4,90 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 1,10 cm. e do ollo está a 0,70 cm. No colorete esquerdo a separación da base do nariz é de 1,20 cm. e do ollo está a 0,80 cm.

O NARIZ.

O nariz é triangular dun só burato pintado de vermello. O nariz mide de longo 3,30 cm. De alto mide 1,60 cm. ata a base. De ancho mide 3,50 cm. O burato do nariz na parte de arriba está tapado polo que o burato é pequeno. Mide de ancho 1 cm. e de alto mide 0,40 cm. De groso mide 1,30 cm. na punta do nariz e nos lados mide 1 cm. Ten pintado de vermello a parte frontal e sobresae a pintura do nariz.

OS OLLOS.

O ollo dereito mide de longo con pintura 4,50 cm. De alto mide 2,70 cm. coa pintura. O burato mide de longo 3 cm. e de alto mide 1,50 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,70 cm. Ten 10 pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 1 cm. e ten 10 pestanas. 

O ollo esquerdo mide de longo con pintura 4,50 cm. De alto mide 2,70 cm. coa pintura. O burato mide de longo 2,70 cm. e de alto mide 1,60 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,70 cm. e ten 9 pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 1 cm. e ten 9 pestanas. 

AS CELLAS.

Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo e pegadas ás pestanas.

A cella dereita mide de longo 5,50 cm. e de ancha mide 0,20 cm. 

A cella esquerda mide de longo 6,17 cm. e de ancha mide 0,30 cm. 

AS ORELLAS.

As orellas están feitas de feltro e pola parte interior están cosidas e empapeladas. A parte de fóra das orellas están separadas.



O CORNO.

O corno ten o rizo do modelo antiguo.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 29 cm.

O longo do faldón dende debaixo das orellas é de 24 cm.

O ancho da parte media dende á punta do rizo son 34,50  cm.

O rizo mide de ancho 8 cm. e de alto 5 cm. 

O bordo é do cor branco de entre 0,50 cm. e 0,60 cm. de ancha. Na parte de atrás das orellas mide 1,30 cm. No faldón mide 1,20 cm. e na parte do corte en diagonal 3,90 cm. O triángulo por riba da cara mide de lado 6 cm. e de base 4,50 cm. 

LADO DEREITO.



O fondo é negro. Ten moitos puntiños brancos pequenos, estrelas, e 19 puntiños máis grandes de entre os 0,50 cm. e os 0,60 cm. de diámetro. Abaixo á dereita temos un círculo branco de 1,80 cm. de diámetro. Máis arriba á esquerda un círculo branco máis grande de 4,50 cm. de diámetro. No rizo outro círculo branco de 2,30 cm. de diámetro. No fondo á esquerda unha figura estelar cun círculo branco no centro de 2 cm. de diámetro con pequenos raios ao redor do círculo. Saen catro raios grandes e en dous casos os raios ramifican. Empezando polo da esquerda, ten un longo de 5,40 cm. e o que ramifica nun raio que se xira cara si mesmo de 2,50 cm. de longo. Por riba temos un raio de 6 cm. de longo. Á dereita deste un raio temos outro de 4,90 cm. de longo. O último mide 6 cm. e a ramificación mide 4,60 cm. Cerca do rizo tamén parecen dúas liñas que se cruzan. Unha máis grande de 6,20 cm. de longa e 0,70 cm. de ancho na punta grande e 0,10 cm. na punta pequena. Esta liña está atravesada por outra que é máis pequena a 1,10 cm. da punta grande. De longa mide 4,30 cm. e de ancha 0,20 cm. na punta menos ancha e 0,40 cm. na punta máis ancha. 


LADO ESQUERDO.



O fondo é negro. Ten moitos puntiños brancos pequenos, que como vimos son estrelas, e 12 puntiños máis grandes de entre os 0,40 cm. e os 0,50 cm. de diámetro. No centro temos un círculo branco de 2,60 cm. de diámetro. Por riba á dereita un círculo branco de 1,10 cm. de diámetro. Á esquerda deste máis arriba un círculo branco de 1,60 cm. de diámetro. Cara a dereita temos unha lúa que de punta a punta mide 8,50 cm. A parte máis ancha mide 2,20 cm. No rizo temos outra figura estelar que ten un círculo de 2,20 cm. de diámetro. Na parte de arriba do círculo e a cada lado ten dúas liñas. A da dereita mide 1,70 cm. e a da esquerda mide 1,30 cm. Entre as liñas sae un raio que se ramifica. O raio central mide de longo 7,90 cm. O raio que ramifica á dereita mide 3 cm. e o que ramifica a esquerda mide 1 cm.

O PANO.

Non ten pano.


 O FLOCO.

O floco é de cor negro. Mide 29 cm. ao redor da cara. De longo mide 10 cm.   

A Pantalla pesa 693 gr.

Interior da cara cos cortes e os cosidos.






Gracias a Jero por prestarme a Pantalla e facilitarme a información sobre ela. Tamén estou agradecido porque se ofreceu a colaborar no que necesitemos. Seguro que chegado o momento si que necesitaremos esa axuda. 

Gracias a Guillermo Campero pola preciosa foto que acompaña a este artigo e a información que me deu sobre a Pantalla que leva na man.

Gracias a Gude e a Carmen Cuquexo pola información da foto na que sae Cesar Vidal.

De esquerda a dereita, Zalo Dacal, Guillermo Campero e Carlos Míguez.
Están ao lado da tenda da Emilita, a mai da Lola Peláez.

   
                   Salvita, Toño Usera, CESAR VIDAL, Casiano Álvarez e Rafael Laso.
Anicados Lochas, Barge e Milo.   





luns, 31 de marzo de 2025

PANTALLA FEITA POR RAQUEL RODRÍGUEZ MÉNDEZ PARA O SEU FILLO JORGE JUAN SÁNCHEZ RODRÍGUEZ.

Despois da obrigada corentena para desfacerse da bichería que está afectando a esta linda Pantalla, podo empezar a facer o estudo. A Pantalla fixoa Raquel Rodríguez Méndez para o seu fillo Jorge Juan Sánchez Rodríguez. Jorge coméntame que a Pantalla debe ser de entre os anos 1969 e 1971. A día de hoxe vamos a poñerlle que ten uns 55 anos. A Pantalla estivo na rúa con Jorge durante 4 ou 5 anos seguidos e eventualmente dúas ou tres veces en anos alternos. 


Raquel vestindo o traxe de Pantalla. Anos 50 do século pasado.

Xa falei neste blog da Pantalla que fixo Raquel Rodríguez Méndez para a súa neta Raquel aportando algúns datos da maneira en que esta muller viviu o entroido e o moito que lle debe o mundo da nosa máscara. Vai seguir estando presente neste blog con outras partes do traxe da Pantalla que Jorge ten aportado para que coñezamos e disfrutemos.

A aportación de Raquel axudou a que a Pantalla de Xinzo non desaparecese e que chegase ata nós. O meu persoal recoñecemento a Raquel Rodríguez Méndez polo seu fermoso traballo. Recoñecemento que me atrevo a facer en nome de todos os que amamos esta máscara.



A PANTALLA.

O perímetro da cara é de 33 cm. Da fronte ao queixo mide 26 cm. Ten a cor rosa que tanto se pintou nas Pantallas.

A BARBA.

Nace por debaixo das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha patilla a cada lado da cara e a barba do queixo. 

PATILLA DEREITA.

Ten un longo de 11,10 cm. A parte máis alta ata o floco mide 2,80 cm. A parte estreita do queixo mide 0,80 cm. 

PATILLA ESQUERDA.

Ten un longo de 9 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3 cm. A parte estreita do queixo mide 0,70 cm. 

O QUEIXO.

De alto dende o floco ten 5,10 cm. De longo mide 9 cm. A barba está a 4,60 cm. da boca.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e a pintura sobresae dos beizos. Ten de longa con pintura 6,30 cm. A abertura máxima con pimtura é de 1,90 cm. O ancho do labio superior mide 0,70 cm. e do labio inferior mide 0,30 cm. O burato da boca ten 0,5 cm. de alto e de longo mide 5,60 cm. A distancia ao floco é de 8,60 cm. Ata o fondo do papo mide 10 cm.

O BIGOTE.

O bigote está pintado de cor negro. Está dividido en dous tramos. Están pintados nuns trazos ascendentes. O dereito mide 3 cm. de longo e 0,40 cm. de ancho. Con relación á boca o lado máis cercano está a 0,20 cm. e o que está máis lonxe está a 1,20 cm. O esquerdo mide 3 cm. de longo e 0,50 cm. de ancho. Con relación á boca o lado máis cercano está a 0,20 cm. e o que está máis lonxe está a 1,50 cm. 

De punta a punta o bigote mide 6,50 cm. A distancia intermedia entre as dúas partes é de 0,50 cm.


OS COLORETES. 

Os colorentes son vermellos. Teñen de diámetro 1,40 cm. A separación entre eles é de 5,90 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 1,80 cm. e do ollo está a 1,50 cm. No colorete esquerdo a separación da base do nariz é de 1,70 cm. e do ollo está a 1,30 cm.

O NARIZ.

O nariz é circular e ten pintado de vermello a parte frontal. O nariz mide de longo 3,60 cm. De alto mide 1,60 cm. ata a base. De ancho mide 2,80 cm. O burato do nariz mide de ancho 1,90 cm. e de alto mide 0,90 cm. De groso mide 0,80 cm. na punta do nariz e nos lados mide 0,60 cm. 

OS OLLOS.

O ollo dereito mide de longo con pintura 5,10 cm. De alto mide 3,80 cm. coa pálpebra de arriba. O burato mide de longo 4,30 cm. e de alto mide 3,30 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,90 cm. Non ten pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 0,50 cm. sen pestanas. 

O ollo esquerdo mide de longo con pintura 4,60 cm. De alto mide 4 cm. coa pálpebra de arriba. O burato mide de longo 4 cm. e de alto mide 3,40 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,90 cm. Non ten pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 0,60 cm. sen pestanas. 

AS CELLAS.

Son de cor negro. Están pintadas polo bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 7,50-7,80 cm. e de ancha mide 0,70 cm. Está a 0,20 cm. do ollo.

A cella esquerda mide de longo 7 cm. e de ancha mide 0,50 cm. Está a 0,20 cm. do ollo.

AS ORELLAS.

As orellas están feitas de feltro e pola parte traseira está totalmente separada. A orella esquerda está moi deteriorada e desprendida do corno.



O CORNO.

O corno ten o rizo do modelo primitivo.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 27,85 cm.

O longo do faldón dende debaixo das orellas é de 24,50 cm.

O ancho da parte media dende á punta do rizo son 39 cm.

O rizo mide de ancho 9,50 cm. e de alto 5 cm. 

O bordo é do cor prateado de entre 0,50 cm. e 0,70 cm. de ancha. Non está pintado pola parte de atrás das orellas. No faldón non ten bordo. O corte mide de ancho sen pano de base 3,70 cm. e 5,60 cm. de lado. Métese lixeiramente cara dentro.



Ten o fondo de cor negro e non ten bordo que o separe da cara. O bordo por arriba fai a forma dun M maiúsculo. A pata da esquerda do M mide 4,46 cm, cara a dereita mide 3,87 cm. máis a dereita mide 3,87 e finalmente a pata da dereita mide 5,31 cm. A base mide 8 cm.

 



LADO DEREITO.



O fondo é de cor negro. Ten pintadas liñas horizontais de cor dourada e liñas verticais de cor prateada.
As liñas verticais van intercaladas entre as liñas horizontais.

A disposición é a seguinte:




LADO ESQUERDO.




O fondo é de cor negro. Ten pintadas liñas horizontais de cor dourada e liñas verticais de cor prateada.
As liñas verticais van intercaladas entre as liñas horizontais.

A disposición é a seguinte:




O PANO.

O pano é de cor azul. A parte de abaixo está aserrada con cortes de 2,30 cm. de lado. De longo mide 62,50 cm. e de ancho 91 cm. 


O picado está composto por 2 tipos de figuras. Temos un grupo de 4 figuras picadas máis grandes que en vertical de arriba a abaixo son: un círculo de 2,70 cm de diámetro, debaixo un rombo de 2,75 cm. de lado, outro círculo de 2,80 cm. de diámetro e finalmente un rombo de 2,42 cm. de lado. Este tipo de picado repítese 7 veces intercalado entre o picado de figuras máis pequenas.

O segundo tipo de picado ten 5 figuras máis pequenas que de arriba a abaixo son: un rombo que mide 2,60 cm. de ancho e 1,35 cm. de alto, un triángulo invetido de 2,50 cm. de base e 1,88 cm. de lado, un triángulo igual que o anterior, outro rombo de 2,28 cm. de ancho e 1,90 cm. de alto e por último un triángulo invertido de 2,10 cm. de base e 2 cm. de lado. Este tipo de picado repítese 8 veces. 

No bordo do pano dereito e esquerdo ten a metade do picado dos catro buratos en formas de rombos e círculos.



O FLOCO.

O floco é de cor dourado. Mide 35 cm. ao redor da cara. De longo mide 5 cm.   

A Pantalla pesa 617 gr.


Corte do sombreiro e reforzos.



Escrito no interior do corno.


Debuxo a lapis no interior do corno.




Novamente moitas grazas a Jorge por deixarme a min e ao grupo disfrutar desta maravillosa Pantalla e por estar sempre disposto a contestar as preguntas que continuamente nos xorden. 

Muito obrigado!!!

mércores, 19 de marzo de 2025

ARTIGO PARA O SIL. ESPECIAL ENTROIDO 2025.


É para min unha cita benquerida e agardada. Falo da chamada de Maria de O Sil pedíndome un artigo para o especial do Entroido. Tamen me pide que lle recomende unha persoa para facer unha entrevista. 

Síntome moi honrado de poder escribir sobre o Entroido de Xinzo de Limia e da máscara da miña vida, A Pantalla. A día de hoxe levo publicado neste blog 21 estudos-inventarios das nosas Pantallas.

A resposta cara o blog é moi boa e estou contento porque día a día as persoas interesadas en ollar os artigos medra. Tamén gosto que me paren na rúa para comentar aspectos relacionados coas Pantallas e coas persoas que elaboraron e elaboran as máscaras.






Gracias a todas as persoas que me prestan as súas Pantallas, que sempre van de volta, para facer estes artigos onde deixo rexistro de medidas e das cores das máscaras porque a bichería acaba coas Pantallas nos faiados das casas. Tamén fago isto para que no futuro o que queira e saiba, poda facer unha réplica da Pantalla segundo o artesán. 

Gracias as persoas que ofrecen infomación sobre as Pantallas e do noso entroido en xeral. Non sabedes o ben que me facedes e o contento que me poño. 


       

         

SEGUIMOS!!!      






 





mércores, 12 de marzo de 2025

PANTALLA FEITA POR CESI (CESAR DE SAA MIGUEL) PARA ALEX DOBAÑO GONZALEZ.

César de Saa Míguel coñecido como Cesi en Xinzo de Limia, fixo Pantallas entre os séculos XX e XXI. Dito así impresiona de carafio. A verdade é que Cesi elaborou Pantallas para que os veciños da Comarca da Limia disfrutasen do entroido de Xinzo no fin de século pasado e comenzos do século actual. Home ligado ao futbol e ao deseño. Na actualidade deixou de facer Pantallas, pero as súas Pantallas estiveron presentes no entroido de Xinzo de Limia. 

Esta Pantalla estaría datada entre o ano 2000 e o 2003.

A PANTALLA.



O perímetro da cara é de 29 cm. Da fronte ao queixo mide 19 cm.

A BARBA.

Nace da base das orellas. A barba é de cor negra. Ten duas patillas dobres a cada lado da cara, unha máis grande ca outra. Ten ademais a barba do queixo e dúas pequenas correas que nacen nas orellas.

PATILLA DEREITA.

A patilla é dobre. Dende a orella sae unha correa de 1,30 cm. de longa e de entre 2,30 cm. e 0,80 cm. de alta ata o floco. A primeira patilla é a máis grande e ten 5,70 cm. de longo e 6,70 cm. de alta ata o floco. A parte estreita que comparte coa outra patilla, a máis pequena, mide 1,60 cm. A patilla pequena mide de longo 2,30 cm. e de alta mide 2,20 cm. ao floco.

PATILLA ESQUERDA.

A patilla é dobre. Dende a orella sae unha correa de 1,10 cm. de longa e de entre 1,80 cm e 0,60 cm. de alta ata o floco. A primeira patilla é a máis grande e ten 5,40 cm. de longo e 6,70 cm. de alta ata o floco.  A parte estreita que comparte coa outra patilla, a máis pequena, mide 1,50 cm. A patilla pequena mide de longo 2,50 cm. e de alta mide 2,50 cm. ao floco.

BARBA DO QUEIXO.

De alto dende o floco ten 5,40 cm. De longo mide 6,40 cm. A barba está a 1 cm da boca.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e ten de longa 7,60 cm. A anchura da abertura máxima é de 1,60 cm. O ancho do labio superior é de 0,40 cm. e do labio inferior é de 0,70 cm. O ancho do burato da boca é de 0,60 cm. e o longo é de 6,20 cm. A distancia ao floco é de 7,40 cm. Ata o papo mide 8,30 cm.

O BIGOTE.

O bigote está pintado de cor negro. Está dividido en dous tramos. As puntas están cara arriba.

O lado dereito mide de longo 3,50 cm. A parte máis ancha mide 0,90 cm.

O lado esquerdo mide de longo 3,50 cm. A parte máis ancha mide 0,90 cm.

De punta a punta o bigote mide 7,20 cm.

OS COLORETES.

Os colorentes son vermellos. O colorete dereito ten un diámetro de 1,20 cm. O diámetro do colorete esquerdo mide 1,20 cm. A separación entre eles é de 7,10 cm. A separación do nariz é no caso do colorete dereito de 3,10 cm.  Do ollo está a 1 cm.  A separación do nariz no caso do colorete esquerdo é de 3 cm. Do ollo está a 1 cm.


O NARIZ.

O nariz é triangular dun só burato. De longo mide 3,70 cm. De alta mide 2,10 cm. ata a base. De ancha mide 3,70 cm. coa pintura. O burato ten de ancho 1,40 cm. e de alto mide 1,50 cm. O grosor do feltro e do papel é de 0,40 cm. Ten pintado de vermello a parte frontal. 

OS OLLOS.

O ollo dereito mide de longo 4,60 cm. con pintura. De alto mide 2,30 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,40 cm. con 20 pestanas negras. O ancho da parte de abaixo é de 0,50 cm. con 15 pestanas negras. O burato mide de longo 4,10 cm. e de alto mide 2 cm.

O ollo esquerdo mide de longo 4,60 cm. con pintura. De alto mide 2,30 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,40 cm. con 16 pestanas negras. O ancho da parte de abaixo é de 0,50 cm. con 12 pestanas negras. O burato mide de longo 4,10 cm. e de alto mide 2 cm.

AS CELLAS.

Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 4 cm. e de ancha 0,30 cm. Vaise facendo máis estreitas cara a punta. Está a 0,70 cm. do ollo.

A cella esquerda mide de longo 4 cm. e de ancha 0,40 cm. Vaise facendo máis estreita cara a punta. Está a 0,70 cm. do ollo.

AS ORELLAS.

As orellas están feitas de feltro.

Os galóns teñen as seguintes medidas e cores:





O CORNO.

O corno ten o rizo tipo Julio Villarino.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata ao pano debaixo das orellas mide 31 cm.

O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 21,50 cm.

O ancho da parte media dende a punta do rizo mide 36 cm.

O rizo mide de ancho 6,50 cm. e de alto 9 cm. 

O bordo é de cor azul e vai dende os 0,50 cm. ata os 0,90 cm. de ancha. Está pintado por detrás das orellas e mide entre os 0,90 cm. e 1 cm. No faldón ata o pano mide ente os 2 cm. e os 2,20 cm.

O triángulo por riba da cara está feito de papel. Está apoiado nos fios de coser as dúas partes do corno. O triángulo ten de base 6 cm. e de lado 13 cm. A cor é azul como o borde.

LADO DEREITO.



O fondo é negro. O motivo principal é unha lúa branca co borde amarelo. De punta a punta mide 14,30 cm. (o molde é de 14 cm.) O ancho máximo é de 2,90 cm. Debaixo, onde o faldón, hai dúas estrelas formadas por liñas. A grande ten 8 liñas de cor laranxa, que son as predomintantes, que miden entre os 9,40 cm. e os 10 cm. e de 8 liñas de cor amarela que miden entre os 3,90 cm. e os 4,10 cm. A estrela pequena, á dereita desta, ten 8 liñas amarelas, que son as predomintantes, que miden entre 3,50 cm. e os 4,60 cm. e 8 liñas de cor vermella que miden entre os 2,20 cm. e os 2,40 cm.
Polo fondo hai repartidas 10 estrelas formadas por un punto branco que mide entre os 0,60 cm. e os 0,70 cm. de diámetro e seis raios de cor amarela que miden entre os 0,60 cm. e os 0,80 cm. Á esquerda da lúa e por riba da estrela grande de liñas temos unha estrela de catro puntas de cor laranxa co borde de cor amarela. Mide de lado 1,80 cm. Por riba desta última aparece unha estrela de liñas. Ten as liñas de cor amarela, predominante, de entre os 3,20 cm. e os 3,30 cm. e 8 liñas vermellas  de ente os 1,70 cm. e os 1,90 cm. Á dereita da lúa unha estrela de catro puntas de cor amarelo co borde de cor laranxa. Mide de lado 2,30 cm. Por riba desta, aparece unha estrela branca de 8 liñas. 4 son grandes de entre 6,50 cm. e os 6,80 cm. As 4 pequenas miden de lado 4 cm. Entre as liñas brancas pequenas aparecen puntiños amarelos que crean un cadrado de 3,70 cm. de lado. Á dereita, cara o rizo, aparece unha estela de catro puntas de cor laranxa co borde de cor amarela de 1,30 cm. de lado. No rizo temos unha estrela de cor amarela co borde de cor laranxa e 1,40 cm. de lado.

 LADO ESQUERDO.



O fondo é negro. Os elementos decorativos repítense aos que se describiron no lado dereito.
O motivo principal é unha lúa branca co borde amarelo. De punta a punta mide 14 cm. O ancho máximo é de 3 cm. Debaixo hai dúas estrelas formadas por liñas. A grande ten 8 liñas de cor laranxa, que son as predomintantes, que miden entre os 9,70 cm. e os 10,30 cm. e de 8 liñas de cor amarela que miden entre os 4,10 cm. e os 4,80 cm. A estrela pequena, á dereita desta, ten 8 liñas amarelas, que son as predomintantes, que miden entre 3 cm. e os 3,20 cm. e 8 liñas de cor vermella que miden entre os 2,40 cm. e os 2,90 cm.
Polo fondo hai repartidas 10 estrelas formadas por un punto branco que mide entre os 0,60 cm. e os 0,70 cm. de diámetro e seis raios de cor amarela que miden entre os 0,60 cm. e os 0,70 cm. Á dereita da lúa e por riba da estrela grande de liñas temos unha estrela de catro puntas de cor laranxa co borde de cor amarela. Mide de lado 1,50 cm. Por riba desta última aparece unha estrela de liñas. Ten as liñas de cor amarela, predominante, de 2 cm. de lado e 8 liñas vermellas de ente os 1,10 cm. e os 1,20 cm. Á esquerda da lúa unha estrela de catro puntas de cor amarelo co borde de cor laranxa. Mide de lado 2,50 cm. Por riba desta, aparece unha estrela branca de 8 liñas. 4 son grandes de 6,10 cm. de lado. As 4 pequenas miden de lado 3,90 cm. Estre as liñas brancas pequenas aparecen puntiños amarelos que crean un cadrado de 3,50 cm. de lado. Á esquerda, cara o rizo, aparece unha estela de catro puntas de cor laranxa co borde de cor amarela de 1,20 cm. de lado. No rizo temos unha estrela de cor amarela co borde de cor laranxa e 1,60 cm. de lado.

O PANO.


O pano é de cor vermello. De longo mide 53 cm. e de ancho mide 70 cm. O borde dereito e esquerdo están picados en 7 triángulos. No fondo o corte son dous rectángulos superpostos en negativo que crean unha forma de amea invertida. Hai en total 10 cortes. O corte en rectángulo grande mide 6,10 cm. por 2,10 cm. O corte do rectángulo pequeno mide 4,10 cm. por 1,50 cm.




No pano hai picado rombos de 2 cm. de lado da seguinte forma:
Na parte de arriba 12 rombos que están distribuidos seis a cada lado da parte central da parte de atrás do corno. Seguindo esta liña imaxinaria da parte central do corno hai tres rombos. Un deles forma parte tamén da serie de 6 rombos, tres a cada lado que está na parte do medio. Finalmente na parte de abaixo repítese a primeira serie de 12 rombos con seis a cada lado desa liña central.

O FLOCO.

O floco é de cor dourado. Ten de perímetro ata debaixo da base das orellas e case chega ao pano, 35 cm. De longo mide 14 cm. Vai cosido ao papo cun fio amarelo.

A Pantalla pesa 493 gr.


Feltro cosido para facer a cara.



Empapelado por riba do fio onde vai o triángulo.

Persoa que encarga a Pantalla e a localidade.




Persoa que vai a usar a Pantalla.



O meu agradecemento a Álex por prestarme a Pantalla para poder disfrutar dela. Tamén a Uxía Calleja, por facer de negociadora, o meu agradecemento.  

xoves, 27 de febreiro de 2025

UNHA PANTALLA "INFANTIL" DO POLY, HIPÓLITO PAZ PORTELA.

Facer Pantallas é un mérito importante para a persoa que as fai e algo necesario para a persoa que queres disfrutar do traxe. Se a Pantalla que fas é para un neno ou unha nena ten que ser inda más emocionante. A Pantalla que temos entre mans é precisamente unha Pantalla para un neno. Vamos a dicir que é unha Pantalla infantil.

Teño que comentar que esta Pantalla moito me gusta porque ten esa forma redondeada da cara que se parece moito a miña primeira Pantalla.

A PANTALLA.

Pantalla "infantil" do Poly.

O perímetro da cara é de 26,70 cm. Da fronte ao queixo ten 20 cm.

A BARBA.

Nace ao carón das orellas. A barba é de cor negra. Ten duas patillas a cada lado da cara e a barba do queixo.

PATILLA DEREITA.

Ten un longo de 8,80 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,40 cm. A parte estreita do queixo ten 1,90 cm. 

PATILLA ESQUERDA.

Ten un longo de 8,40 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,40 cm. A parte estreita do queixo ten 2 cm.

BARBA DO QUEIXO.

De alto dende o floco ten 4,70 cm. De longo mide 6,60 cm. A barba está a 2,80 cm da boca.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e ten de longa 7,60 cm. A anchura na abertura máxima é de 1,60 cm. O ancho do labio superior é de 0,40 cm. e do labio inferior é de 0,70 cm. O ancho do burato da boca é de 0,60 cm. e o longo é de 6,20 cm. A distancia ao floco é de 7,40 cm. Ata o papo mide 8,30 cm.

O BIGOTE.

O bigote está pintado de cor negro. Está dividido en dous tramos. As puntas están cara arriba.

O lado dereito mide de longo 3,50 cm. A parte máis ancha mide 0,90 cm.

O lado esquerdo mide de longo 3,50 cm. A parte máis ancha mide 0,90 cm.

De punta a punta o bigote mide 7,20 cm.

OS COLORETES.

Os colorentes son vermellos. O colorete dereito ten un diámetro de 1,10 cm. O diámetro do colorete esquerdo mide 1,20 cm. A separación entre eles é de 9,60 cm. A separación do nariz é no caso do colorete dereito de 3,40 cm. e no caso do colorete esquerdo a separación é de 2,80 cm.


O NARIZ.

O nariz é triangular dun só burato. De longo mide 4,70 cm. De alta mide 2 cm. ata a base. De ancha mide 4 cm. coa pintura. O burato ten de ancho 1,60 cm. e de alto mide 1,20 cm. O grosor do feltro e do papel é de 0,70 cm. Ten pintado de vermello a parte inferior e sobresae cara fóra. 

OS OLLOS.

Pola forma son os denominados popularmente ollos de rá.

O ollo dereito mide de longo 6 cm. De alto mide 3,10 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,70 cm. con 25 pestanas negras. O ancho da parte de abaixo é de 1 cm. con 20 pestanas negras que só cubren a parte de fóra da pálpebra.

O ollo esquerdo mide de longo 5,90 cm. De alto mide 3,40 cm. O ancho da parte de arriba é de 1 cm. con 24 pestanas negras. O ancho da parte de abaixo é de 0,90 cm. con 17 pestanas negras que como no ollo dereito só cubren a parte de fóra da pálpebra.

AS CELLAS.

Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 9 cm. e de ancha entre os 0,30 cm. e os 0,40 cm.

A cella esquerda mide de longo 9 cm. e de ancha entre os 0,30 cm. e os 0,40 cm.

AS ORELLAS.

As orellas están feitas de feltro.

Os galóns teñen as seguintes medidas e cores:




O CORNO.

O corno ten o rizo tipo Julio Villarino.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata ao pano debaixo das orellas mide 29 cm.

O ancho da parte inferior dende debaixo das orellas mide 21,50 cm.

O ancho da parte media dende á punta do rizo mide 37 cm.

O rizo mide de ancho 7 cm. e de alto 8 cm. 

O borde é de cor branco e vai dende os 1,40 cm. ata os 1,50 cm. de ancha. Na parte inferior do rizo ten entre 1,10 cm. e os 1,30 cm. A parte de atrás das orellas ten 1,30 cm. de ancho. Na zona de abaixo, onde o pano, mide 2,10 cm. Na parte de atrás ten de ancho 1,30 cm

LADO DEREITO.

Lado dereito.

O fondo está pintado de cor azul. Os deseños son adhesivos. O motivo principal é unha lúa chea durmida. Está roeada pola parte de abaixo por tres nubes brancas sorrindo e outras tres nuves azuis pola parte de arriba. Tamén ten estreliñas de cores polos laterais. Ademáis aparecen nove estrelas repartidas polo corno. Catro son de catro puntos e cinco son de cinco puntos.

LADO ESQUERDO.

Lado esquerdo.

O fondo tamén é azul. Os deseños tamén son adhesivos. O motivo principal é un sol contento que está piscando un ollo. Tamén aparecen nove planetas con diversos tamaños e con caras de enfado, triste, namorado, etc. Temos catro estrelas brancas. Dúas estrelas de 4 puntas e outras dúas de 5 puntas.

O triángulo por riba da cara é de dor azul e mide 8,50 cm. de lado e 6 cm. de base.

O PANO.

O pano é de cor azul claro. De longo mide 40 cm. e de ancho 80 cm. A parte pregada mide 9 cm.

O picado do trapo está feito por Pepa Fernández, sogra de Poly e nai de Lines. O picado é moi bonito e as mans desta muller fan os picados máis impresionantes de todos os que levo visto. Toda a sabiduría recollida nun pequeno pano de tela. É ESPECTACULAR.

Picado do trapo.

Temos un zic-zac na parte superior de catro tramos.

O primeiro tramo é de 21 cm. con 11 rombos de 1 cm. de lado.

O segundo tramo é de 20 cm. con 11 rombos de 0,30 cm. a 0,7 cm. de lado.

O terceiro tramo é de 20 cm. con 11 rombos de 0,50 cm. a 0,70 cm de lado.

O cuarto tramo é de 21 cm. con 11 rombos de 0,80 cm. de lado.

Na parte de abaixo ten seis flores de 4 pétalos, tres a cada lado do centro. Teñen un botón central. Os pétalos miden entre os 1,80 cm. e os 2,20 cm. O botón central mide 0,40 cm de lado. Por debaixo desas flores aparecen 7 dobres rombos de 1 cm. de lado. As flores e os dobres rombos están unidos por rombos máis pequenos en zic-zac por pares. Esta serie complétase con dúas flores de tres pétalos e botón central. Todo o borde remata en picos aserrados.


  

O FLOCO.

O floco mide 26 cm. ao redor da cara. De longo mide 6,50 cm. É de cor branco.

Ten a data na parte interior do corno, 2002. Tamén aparecen os nomes de Marcos, o destinatario da Pantalla e de Poly a persoa que a fixo.






Interior da cara co corte do sombreiro.

A Pantalla pesa 618 gr.




Gracias a Poly por esta fermosa Pantalla e por permitirnos disfrutar dela. Gracias por mostrarnos outro impresionante picado de Pepa Fernández.